Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O Interplay reúne en Galicia ás voces máis...

Compartir:

O Interplay reúne en Galicia ás voces máis relevantes da Internet en España

Inés Hernand, Elizabeth Duval, Ana Polo, Asaari Bibang ou Andrea Gumes, entre outras, participarán no IX Festival de contidos dixitais

Carballo Interplay 2022

NOVAS RELACIONADAS:
Dezaseis webseries de todo o mundo compiten na sección oficial do IX Carballo Interplay
O Carballo Interplay defende o talento autóctono
Aberto o prazo para presentar series ao Carballo Interplay

29 de marzo de 2022
 - O Carballo Interplay convértese, un ano máis, en cita obrigada coa creación dos contidos dixitais máis punteiros e comprometidos. Dende o corazón da Costa da Morte, a organización deste ambicioso Festival de Contidos Dixitais ofrecerá, do 6 ao 9 de abril, unha coidada selección das voces máis potentes da cultura, o activismo e o humor da Internet estatal. O programa completo está xa disponible na web do festival. Este ano o festival galego pon o foco nos proxectos que empregan a rede como unha ferramenta para mellorar o mundo e sobre todo aquelas propostas que apoian a cultura e o activismo e fomentan conversas sobre a saude mental, a igualdade en todos os ámbitos e a xustiza social.

Ademáis, a súa Sección Oficial selecciona 16 das mellores series web do mundo, o seu programa profesional reúne ás principais productoras de podcast estatais e a grabación do programa Petiscos no Derby (do podcast Café Derby) propicia o encontro entre coñecidos rostros e voces da cultura dixital galega coma Prado Rúa, Esther Estévez, Olaxonmario, Tamara Pazos e Berto.

Gen PlayZ en directo

Inés Hernand

Un dos pratos fortes do segundo Carballo Interplay post-pandémico será a gravación en directo do programa Gen Playz, de RTVE, que terá lugar o xoves 7 de abril ás 20.00 h. no Mercado de Abastos de Carballo.

Gen Playz, que foi premiado como mellor programa de entretemento nos Premios Ondas 2021, emitirá un programa especial dende Carballo, presentado por Inés Hernand. Os invitados e invitadas serán caras coñecidas polo público e contará con actuacións musicais, así como co seu habitual espazo de debate para tratar temas sociais de gran interese para a xente nova.

Tardeo, de Radio Primavera Sound

Para quen prefira o podcast, un día despois, o venres 8 ás 20.00 h. producirase a grabación de Tardeo, de Radio Primavera Sound. Neste programa, un clásico xa do sonoro catalán, a politóloga e xornalista cultural Andrea Gumes reúne a colaboradoras que saben moito de cine, series, feminismos, astroloxía, alimentación, libros, cómics, racismo, menstruación, sexualidade, tendencias, videoxogos, vivenda digna, saude mental, en definitiva, as principais temáticas actuais das novas xeracións.

Non é a única representante de Radio Primavera Sound no festival, xa que ademáis, Marta Salicrú, a súa directora, estará a cargo da Sesión Vermú que se organizará o sábado 9 ás 13.00 h.

Rajando con... Ana Polo e Asaari Bibang

Rajando con… Ana Polo e Asaari Bibang

Xusto despois, o mesmo venres 8 ás 22:30, chega o Rajando con… Ana Polo e Asaari Bibang, dúas das principais cómicas do momento, que chegan a Carballo con intención de conquistar ao público co seu habitual humor reivindicativo que non deixará títere con cabeza. Ana Polo é xornalista e traballou en varios programas de RTVE, Rac 1 e Cataluña Ràdio. Tamén foi colaboradora e guionista do late show No te metas en política e actualmente pódese atopar no podcast OYE POLO de Radio Primavera Sound e en Feministic, un programa divulgativo sobre feminismo en clave de humor de Fibracat TV.

Pola súa parte, Asaari Bibang é unha actriz e cómica de Guinea Ecuatorial afincada en España. Participou na Riot Comedy, o proxecto feminista da cómica Penny Jay, no festival de humor feminista Coñumor e en programas como La Resistencia, Las que faltaban ou Comedy Central. En 2021 presentou o seu espectáculo afrofeminista Humor Negra e ademáis colabora con Pikara Magazine e con El País.

Activismo, divulgación e feminismos na rede

Internet semella un espazo onde brotan os comportamentos tóxicos, favorecidos por uns misteriosos algoritmos que multiplican o seu alcance entre unha sociedad debilitada e fácil de polarizar. A rede fai tempo que deixou de ser un espazo de utopías para albergar algunhas distopías con graves consecuencias do outro lado das pantallas. Nun espazo gobernado polos clics, os likes e a sobreexposición continua, hai espazo para os discursos disidentes? Como se combaten os discursos de odio? Cales son as claves para xerar espazos seguros?

Un ano máis, o Carballo Interplay quere poñer o foco no traballo das persoas que utilizan a rede para ensinar outras realidades ou facer do mundo online un espazo máis habitable dende o humor, a divulgación e a arte. Este ano virán a falar do tema Nerea Pérez de las Heras, Eugenia Tenenbaum e Ana Polo.  Nerea Pérez de las Heras é coñecida polo seu traballo como xornalista e dramaturga. Leva anos facendo humor político a través do show Feminismo para torpes e o podcast Saldremos mejores, no que participa con Inés Hernand. Ademáis, escribíu para medios como El País, SModa, Mujer hoy, Vogue, Esquire, Marie Claire e Glamour. Eugenia Tenenbaum é unha historiadora da arte especializada nos estudos de xénero. Traballa como divulgadora cultural, creando contido en redes sociais no que combina arte, perspectiva de xénero, feminismo e crítica social.

Código Fonte Audiovisual con Elizabeth Duval

Elizabeth Duval

Unha das últimas actividades do festival, o sábado 9 ás 19.30 h., será o CFA de Elizabeth Duval, “Carta a las chicas del 2000”. Un Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección no que se invita a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais que marcasen a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. Para iso, nesta edición seleccionouse a Elizabeth Duval, graduada en Filosofía e Filoloxía francesa pola Universidade da Sorbona, además de escritora e columnista en medios como Público. Debutou no panorama literario coa memoria Reina e o libro de poemas Excepción. Tras a publicación do ensaio Después de lo trans, a súa última obra publicada é a novela Madrid será la tumba.

Gala de entrega de premios

O festival rematará coa súa xa habitual Entrega de premios, na que se dirá quen son as gañadoras do Certame de series e o Concurso de proxectos de serie web en galego. Este ano a gala será presentada por Jorge Boquete e Óscar Cruz, da productora Porco Bravú, que traen “A desfeita!”, un divertido late night con invitados excepcionais e moito humor no que farán un percorrido a través dos nove anos que se leva celebrando o festival. Berto DJ Set encargarase de darlle música á sesión de despedida.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica