Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Descontos nos comercios de Carballo co Merca e...

Compartir:

Descontos nos comercios de Carballo co Merca e dillo!

Máis de 30 establecementos do CCA ofrecen os seus produtos con ata un 70 por cento de desconto: do xoves 26 ao domingo 29 de agosto

Merca e dillo CCA - agosto 2021

23 de agosto de 2021 - Tes pendente algún capricho de verán? Aquel vestido tan xeitoso, as cuñas destoutro escaparate, mesmo un xoguete para animar na volta ao cole... Pois aínda tes unha oportunidade para conseguilo ao mellor prezo coa cuarta edición do Merca e Dillo, un espazo no que obter artigos de tempada con importantes descontos. Organizado polo CCA Carballo coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, celebrarase nos propios establecementos participantes os días 26, 27, 28 e 29 de agosto, respectando e garantindo todas as medidas de desinfección e aforo recomendadas.

Participan na actividade 31 comercios dos sectores máis variados aínda que o máis numeroso é o sector de moda (textil, deporte, calzado, complementos,...). Non obstante tamén podemos atopar: xoguetes, electrodomésticos, tecnoloxía, óptica, colchóns, e máis... Os descontos alcanzan, nalgúns casos, o 70 % en artigos de máxima calidade como os que ofrece a diario o comercio local carballés. Ademais de cartelería ou publicidade propia, os establecementos participantes gozarán dunha decoración diferenciadora que os visibilizará con claridade. A actividade conta, ademais de co apoio do Concello de Carballo, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.

Listaxe de participantes

  • Akira
  • Dequip
  • D&A Complementos
  • Zocas
  • Moda Suárez
  • Benetton
  • Zapatillería Isabel
  • Atelier
  • Confecciones San Juan
  • Comercial Queijo
  • Style
  • Cenor Carballo
  • Retoños
  • DV Carballo
  • Jorge Moda
  • Ekate
  • Poppy
  • Calzados Susa
  • Zapatería Esther
  • Óptica Enríquez
  • Teirón
  • Lencería Mª José
  • Buy&Sell
  • A Fragua
  • Doces Soños
  • Bambalina
  • Xoguetería Merliño
  • Charanga
  • O barco dos soños
  • Informática Valem
  • Teirón


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica