Uns días en Carballo
Mirador de Santa Irene
Se vas pasar varios días con nós, ademais das propostas indicadas para a fin de semana en Carballo, que podes trasladar, se o prefires, a outros días da semana, aconsellámosche que aproveites unha das xornadas para coñecer mellor o noso concello sobre o propio terreo. Propómosche facer un roteiro, ben a pé, ben en bicicleta.
A Ruta das Férvedas, a Ruta das Praias, a Senda do Litoral ou a Ruta dos Pinos no Mar poden ser boas opcións.
Bicicletas por Baldaio
Carballo está a un paso da Coruña, de Santiago de Compostela e da Costa da Morte.
Propómosche que dediques ao menos unha xornada a coñecer cada unha destas lugares aínda que a visita á Costa da Morte merece varios días con durmida no camiño, pois son moitas as vilas mariñeiras que cómpre visitar: Malpica, Ponteceso, Corme, Laxe, Camelle, Camariñas, Muxía, Fisterra, Corcubión, Cee…