Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Abrimos a biblioteca coas mellores vistas do...

Compartir:

Abrimos a biblioteca coas mellores vistas do mundo!

Este ano Razo conta cunha Bibliopraia na que poder acceder ao empréstito de libros: só necesitas o DNI e gañas de ler mentres estás de visita

Presentación da Bibliopraia en Razo

Presentación da Bibliopraia en Razo | 📷 Turismo Carballo

21 de xullo de 2021 - Este verán, ademais de tomar o sol, practicar surf, bañarte ou xogar ao volei, en Razo tamén terás ao teu alcance os últimos éxitos literarios coa Praia dos Libros. Trátase dun novo espazo compartido polas Bibliotecas de Carballo e a Oficina de Información Turística do Concello e que está situado fronte ao mar de Carballo. A Bibliopraia está aberta de luns a venres, de 13.30 a 17.30 no mes de xullo e de 13.30 a 16.30 no de agosto, e funciona co mesmo sistema que as bibliotecas da vila. Para utilizala deberás amosar o teu carné da biblioteca, co que poderás acceder ao préstamo de material durante sete días. Se non tes carné dámosche dúas opcións: ou ben facelo na propia Bibliopraia (só precisarás o DNI) ou ben recorrer ao servizo de Book Crossing, de uso libre.

Para poder desfrutar dos libros hai que ter o carné da Biblioteca, presentar o DNI ou usar o punto de Book Crossing

No mesmo emprazamento, moi próximo ao posto principal do servizo de salvamento e socorrismo e perfectamente identificado, tamén está habilitado un Punto de información turística que funcionará de martes a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 15.30 a a 18.30 horas, e as fins de semana, de 11.00 a 15.30 horas. A Oficina de Turismo situada no Museo de Bergantiños continuará prestando servizo de xeito paralelo, aínda que cun novo horario durante o verán: de martes a venres de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas, e as fins de semana de 10.00 a 14.00 horas.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica