Carballo a un paso

Inicio // Que facer // Proposta de escapada // Un serán de merenda

Compartir:

Un serán de merenda

Unha tarde na praia de Razo

Unha tarde na praia de Razo

Especialmente recomendable é a zona do Bosque do Añón, entre carballos e vexetación de ribeira e coa música de fondo do río Anllóns. Accederás dende o paseo construído á beira do río en anos recentes para percorrer a vila á beira do río. Na parroquia veciña de Bértoa está o muíño da Cheda, fermosa paraxe á beira do río adaptado para merendoiro, con mesas e bancos de pedra onde poderás comer e descansar.

Merenda no Anllóns

Merenda no Anllóns

Porén, tamén atoparás espazos onde poder preparar unha boa merenda nas áreas recreativas das Pallas e a Feira de Berdillo, en Artes, en Guilfonxe (Bértoa), en Xoane (Goiáns), en Ramil e Barís (na parroquia de Rus, nunha fermosa paraxe natural á beira dunha carballeira, cun muíño rehabilitado), no Añón e na área de lecer da Chavella (en Berdillo), e no Porto de Razo.

Na parroquia de Sofán, tes tamén un bo lugar onde bañarte e relaxarte á beira do río na piscina fluvial do Tarambollo, con zona de merendeiro.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica