Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Buscas augas cristalinas para bañarte? Vén a...

Compartir:

Buscas augas cristalinas para bañarte? Vén a Carballo...

A Consellería de Sanidade cualifica as cinco zonas de baño da nosa costa como excelentes: as dúas de Razo, as dúas de Baldaio e A Pedra do Sal

Praia de Razo | Turismo Carballo

Praia de Razo | 📷 Turismo Carballo

7 de maio de 2021 - Se buscas augas claras e limpas para bañarte este verán, tes que pasarte pola costa de Carballo. É certo que o noso mar non é tan morno coma o do Caribe, pero polo demais, non ten nada que envexarlle ao outro lado do charco. E ademáis, as praias telas moito máis preto. As análises realizadas durante o ano 2020 reflicten que as augas dos nosos areais teñen unha certificación oficial de "excelentes" segundo a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. En Carballo temos cinco zonas de baño controladas sanitariamente: A Pedra do Sal, dúas en Razo-Arnados, e dúas en Baldaio-As Saíñas. En calquera delas podes darte un chapuzón en augas cristalinas.

Os nosos máis de 6 quilómetros de praias son un espazo perfectamente limpo, coidado e seguro

Ademais, grazas aos servizos que teñen as nosas praias, Carballo vén renovando ano tras ano o distintivo da Bandeira Azul, e somos o único concello da Costa da Morte e un dos poucos de Galicia que conta cos certificados ISO 14001, o EMAS, que implican un compromiso coa prevención da contaminación, a mellora continua do areal, a xestión de residuos e permiten que os usuarios e usuarias poidan presentar reclamacións se así o consideran. En resumo, os nosos 6 quilómetros de praias, co areal de Razo-Baldaio superando os 4 quilómetros de lonxitude, son un espazo perfectamente limpo, coidado e seguro. Aó por probar, ben merece unha visita!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica