Chega Berocasión: para mercar vehículos ao mellor prezo!
Despois da última edición en agosto, a feira de ocasión volve como xornada de portas abertas do venres 23 ao domingo 25 de abril con 12 concesionarios
15 de abril de 2021 - Despois de 16 edicións, todo o mundo na contorna ten claro que a mellor forma de comprar un vehículo ao mellor prezo é acudir a Berocasión. Turismos, monovolumen, furgonetas, SUV, para uso particular, profesional, de todos os cores ou marcas e para todos os bolsillos... Despois da boa acollida da última edición en agosto, adaptada a xornada de portas abertas nos concesionarios por mor da pandemia, a feira de ocasión volve co mesmo formato a última fin de semana de abril, desde o venres 23 e até o domingo 25, coincidindo coa feira, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Todas as persoas interesadas só teñen que achegarse aos concesionarios e botar un ollo a todas as ofertas.
Os participantes serán Automóviles Dimolk-Peugeot, Baleato Motor-Renault, Rebalcars, Antamotor-Nissan, Corgal Automóviles-Kia, Vilas Rama-Citroën, Bercauto, Automóbiles Juan Lema, Breogán Motor-Toyota, V-Car, JGCar e Garvifusión. Os concesionarios e puntos de venda organizan a cita da man de Axober, por segunda vez, coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Carballo.