Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Este ano o calendario de Carballo faise desde as...

Compartir:

Este ano o calendario de Carballo faise desde as vosas ventás!

A partir do 12 de xaneiro veciñanza e visitantes poden recoller o almanaque gratuitamente no Museo de Bergantiños ata fin de existencias

Calendario Carballo dende a túa ventá

11 de xaneiro de 2021 - Todos os anos no mes de xaneiro veciñanza e visitantes agardan con impaciencia o momento de recoller o calendario que a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Carballo elabora para o ano en curso. Este ano, o almanaque non podía ser alleo a toda a situación vivida no ano 2020 pola COVID-19 e que aínda continúa no 2021. Por iso, está elaborado con imaxes e textos enviados por todas as veciñas e veciños durante o confinamento para a iniciativa "Carballo dende a túa ventá". O obxectivo desta proposta era o de animar ás veciñas e veciños a facer algo construtivo - como era sacar fotos do que se vía dende as súas fiestras-, coñecer mellor cada recuncho do noso concello, descubrir novas paisaxes e puntos de vista e tamén, por que non, pasar o tempo nos días máis escuros do encerro.

Unidade, forza, paz, morriña, arte... postas de sol, Razo, Baldaio, paisaxes urbanas... son só algúns dos e das protagonistas deste calendario -que ten formato de sobremesa- no que agradecemos as fotos enviadas por Sandra Veiga Messmer, María José Lista Puga, Mario Ferreiro Negreira, Mar Longueira, Eva Lista Andrade, Bárbara Vilariño, Raquel Rey, Lidia Esmorís, Paula Sóñora González, Alicia María Vilas, María Costa Pereira, Noelia Rodríguez e as imaxes de todas as persoas que compartiron nas nosas redes sociais un anaco da súa vida cotiá durante os meses de abril e maio... Clicando AQUÍ podedes ver todas as fotografías que recibimos eses días, cerca de 100.

Como recollelo!

Ademais de coas fotografías, o almanaque conta, como en cada edición, cunha sección de teléfonos de interese do Concello, onde están recollidos os números dos edificios municipais, de seguridade, atención e asistencia ou dos medios públicos de transporte, como os taxis e a estación de autobuses. Calquera pode recoller o calendario de forma gratuita no Museo de Bergantiños no seu horario habitual: de martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas; os sábados e os domingos de feira de 11.00 a 14.00 horas; domingos non feirados e luns, pechado. Os calendarios repartiranse ata fin de existencias. Así que bulide antes de que se acaben para poder mirar "Carballo dende a túa ventá"!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica