Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Ao redor dos muros en Nadal!

Compartir:

Ao redor dos muros en Nadal!

A arte urbana de Carballo transfórmase nun programa de actividades que inclúe microteatro, rutas guiadas ou xogos para familias

Ao redor dos muros en Nadal


NOVAS RELACIONADAS:

Este Nadal, en Carballo!
Merca en Carballo e gaña este Nadal!

14 de decembro de 2020 - Nestas datas sinaladas en Carballo propoñemos "Ao redor dos muros en Nadal", unha campaña que inclúe unha serie de actividades de lecer dirixidas a familias para que podan gozar con seguridade estes días. Xogos para desenvolver ao aire libre, visitas guiadas polos murais e pequenas representacións teatrais, tamén coas obras de arte de Derrubando Muros con Pintura como lema, para animar as rúas estes días e vivir o Nadal dun xeito diferente. A primeira das actividades céntranse en pequenas pezas de teatro coordinadas por Galeatro cos actores e actrices de AC Teatro Vagalume. Se as condicións meteorolóxicas o permiten, as representacións serán ao aire libre, diante de cada mural. En caso contrario, trasládanse ao segundo andar do Mercado Municipal. A entrada é libre ata completar o aforo máximo que marcan as medidas de seguridade pola COVID.

As quendas de representacións son entre o 5 e o 8 de decembro (Ponte da Constitución) e entre o 18 e o 20 de decembro.

Rutas guiadas e xogo para familias

O programa "Ao redor dos muros en Nadal" complétase cun programa de roteiros guiados polos murais de arte urbana que se desenvolverán entre o 21 de decembro e o 5 de xaneiro e do que tamén se anunciarán os horarios próximamente. Por último, a partir do 21 de decembro e até o 5 de xaneiro quen o desexen poderán participar nun xogo no que hai que atopar as pescudas que están agochadas nos murais de arte urbana. Con premio para quen o rematen!

  • XOGO DE PISTAS PARA FAMILIAS: de balde con inscrición previa.
A través deste xogo, adultos e pequenos compartirán momentos de diversión á vez que coñecen máis da arte urbana de Carballo e ven a localidade con outros ollos.

DATAS: do 21 de decembro ao 5 de xaneiro.
LUGAR: recollida de pistas no Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera, 8).
INSCRICIÓNS E +INFO: en turismo@carballo.gal ou no 981 702 077.
PARA TODOS OS PÚBLICOS
PREMIO PARA OS PARTICIPANTES QUE REMATEN O XOGO

Todas as actividades respectan as medidas de seguridade e os límites de aforo marcadas pola COVID-19. Así que, xa podedes gozar do Nadal con nós!!!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica