Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Mercar en Carballo a última fin de semana de...

Compartir:

Mercar en Carballo a última fin de semana de agosto, ten premio!

Máis de 30 establecementos do Centro Comercial Aberto ofrecerán grandes descontos, premios e horario ampliado na finde do 28 ao 30 de agosto

Mercadillo CCA

Prezos incribles con descontos de ata o 70 por cento, sorteo de 3 premios de 300 euros, facilidade de horarios... Non tes escusa para non mercar en Carballo e conseguir as mellores oportunidades de tempada a última fin de semana de agosto. Porque volve o Mercadillo do CCA con 31 comercios que estarán abertos o venres 28 e o sábado 29 de agosto de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas; e o domingo 30 de agosto (ferión na vila) de 10.00 a 14.00 horas. Con motivo das medidas de prevención e seguridade pola COVID-19, desbotouse a idea de facer o mercadillo nun local ou nunha carpa, e para aproveitar as ofertas haberá que asistir ás propias tendas, sempre cumprindo os tres "emes": M: Máscara, 2 Metros de distancia e lavado de Mans.

Para poder participar no sorteo dos tres premios de 300 euros haberá que gardar os recibos das compras e para beneficiarse dos descontos, achegarse a cada un dos establecementos participantes, sempre con sentidiño. As tendas son: A Fragua, a fragua Kids, Adamela, Akira, Almacenes San Juan, Alonso moda, Amai Store, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Calzados Susa, D&A Complementos, Deportes San Remo, DV Carballo, Ekate, Fanucha's Creadora de Dulzura, L'Italiana, Lencería-Mercería María José, Meus Antoxos, Miriñaque, Mmmm! Xeados, Moda Suárez, Necos, Perfumería Garrote, Poppy, Retoños, Style, Teirón, Zapatería Esther, Zapatillería Isabel, Zocas.

Agora só tes que facer caso do slogan: "Merca e dillo!"


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica