Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A VII edición do festival Carballo Interplay será...

Compartir:

A VII edición do festival Carballo Interplay será no mes de novembro!

A organización prepara unha edición que priorice os contidos virtuais pero coa posibilidade de celebrar algún evento presencial

Carballo Interplay 2020

Despois do adiamento polo brote da COVID-19 da VII edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay que estaba previsto celebrar a primeira semana de abril, o Concello de Carballo anuncia a celebración dunha edición "híbrida" os días 18, 19, 20 e 21 de novembro deste ano. Así, mantendo o criterio da "responsabilidade colectiva" e a prioridade de "evitar calquera risco de contaxio", o equipo do evento ultima un formato feito a medida para o festival, que priorice os contidos virtuais pero que non desbote -se a situación sanitaria o permitise- a celebración dalgunha actividade presencial.

O Carballo Interplay cumpre este 2020 sete anos de vida, convertido no festival de contidos dixitais máis importante do Estado. Unha cita de referencia para o sector dixital global que cada ano ofrece, dende Carballo para o mundo, unha panorámica da innovación na rede a nivel galego, español e internacional, cunha completa Sección Oficial con webseries de todo o mundo e cun programa de actividades coas que aprender e divertirse arredor dos contidos para Internet.

Agardámosvos en novembro!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica