Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Todo o que precisas saber sobre a COVID-19 nunha...

Compartir:

Todo o que precisas saber sobre a COVID-19 nunha única web

Creamos un portal no que se recolle toda a información relativa aos sectores hostaleiro, turístico e comercial, ademais de axudas, asesoramento...

Tanto se formas parte do sector turístico, hostaleiro ou comercial, coma se eres unha persoa interesada en saber que podes facer en cada momento da desescalada ou visitar os nosos establecementos hostaleiros e comerciais todas as respostas están na nova páxina web covid19.carballo.gal. Trátase dun portal que inclúe asesoramento para empresas e autónomos, e tamén para calquera cidadán para concentrar nun único espazo todas as medidas e os recursos que están dispoñibles durante esta crise sanitaria para paliar os efectos da COVID-19, polo que os distintos apartados están en actualización constante.

Dado que os sectores produtivos son os principais destinatarios deste novo servizo, na portada da páxina destaca un formulario que porá a traballadores/as, autónomos/as e empresarios/as en contacto con persoal técnico especializado que resolverá as súas dúbidas sobre cuestións profesionais. Paralelamente habilítase o enderezo electrónico <reactivacarballo@carballo.gal> e inclúese unha ligazón directa coa sede electrónica do Concello de Carballo para facilitar as tramitacións, que cada vez serán menos presenciais e máis telemáticas.

Apartados para turismo e comercio

Entre todos os apartados hai que subliñar os destinados específicamente ao turismo, hostalería e comercio no que se recollen as guías de especificacións para a redución do contaxio pola COVID-19 tanto no sector turístico coma no comercial elaboradas pola Secretaría de Estado de Turismo en coordinación co Ministerio de Sanidade. As guías conteñen especificacións de servizo, limpeza e desinfección e mantemento para os diferentes subsectores en covid19.carballo.gal/turismo/ e en http://covid19.carballo.gal/comercio/. Así mesmo, a cidadanía dispón dunha guía específica sobre a desescalada para saber que facer en cada fase e tamén como poder seguir participando dos sectores turístico, hostaleiro e comercial de Carballo: covid19.carballo.gal/guias-recursos/.

O portal inclúe un apartado de medidas económicas no que se recollen todas as liñas de apoio de todas as administracións para traballadores/as, autónomos/as e pemes, e que estará sometido a unha actualización constante. As medidas locais integran outro dos apartados da páxina web, co obxectivo de que a cidadanía teña coñecemento das accións que vai emprendendo o Concello de Carballo nos ámbitos social e familiar, de apoio á empresa e o emprego, de protección da cidadanía e de adaptación dos servizos públicos ás distintas fases da crise sanitaria provocada polo coronavirus.

Avisos, información sanitaria, fiscal...

No apartado de guías e recursos inclúese toda a información sobre a desescalada e unha serie de guías prácticas individuais para os distintos sectores de actividade e outras xenéricas para os centros de traballo, a actividade comercial ou a formación. O portal complétase cun apartado de información sanitaria e as seccións de avisos e novas municipais relacionados co coronavirus. As persoas interesadas tamén atoparán as repostas ás preguntas máis frecuentes en materia de Seguridade Social, fiscal e laboral.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica