Carballo a un paso

Inicio // Que ver // Patrimonio // Arte urbana // Escultura ‘Peixe’

Compartir:

Escultura ‘Peixe’

Escultura ‘Peixe’

Escultura ‘Peixe’

[2004] - Avenida da Ponte da Pedra 
Autor: Manuel Facal

Na rotonda da Avenida Ponte da Pedra, indo para o centro comercial Bergantiños, atoparás esta escultura deseñada por un dos nosos carballeses máis ilustres, Manuel Facal Ponte. Inaugurouse en 2004, mide sete metros e medio e ten un peso aproximado de 500 quilos. Pertence á mesma serie que a escultura "Escalo".

Este gran peixe de aceiro inoxidable, composto por 12 grandes tubos verticais e 144 escamas, foi inaugurado en 2004 como símbolo do Carballo de futuro, nunha das zonas de expansión do tramado urbano da vila. Tanto esta escultura como as súas irmás "O escalo", situada no polígono industrial de Bértoa, e Artiluxio, no IES Monte Neme, foron deseñadas gratuitamente por Facal e elaboradas por talleres carballeses.

Esta foi a primeira dunha serie de esculturas que, nos anos seguintes, serían colocadas en puntos claves da vila, a modo de novos referentes urbanos. Este gran peixe lémbranos a ligazón de Carballo coa auga, tanto coa do río que a atravesa, o Anllóns, como do océano cara ao que mira, o Atlántico.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica