Os murais de Carballo: entre os mellores do mundo
Unha web dedicada a recoller grafittis de todo o planeta -Street Art Cities- destaca os murais de Carballo na súa web e no seu aplicativo
Millo para o Rexenera Fest 2019
Carballo, unha vez máis, faise coñecido en todo o mundo grazas ao seu proxecto de arte urbana. A web e o aplicativo Street Art Cities, dedicada en exclusiva a recoller proxectos de arte urbana en todo o mundo, recolleu a iniciativa carballesa entre os mellores grafittis do mundo. Así, Street Art Cities xeolocaliza unha selección de murais situados por todo o globo. O seu obxectivo é compartir estes lugares para que todos a amantes da arte urbano poidan visitalos.
Na aplicación faise referencia a 15 mil murais en 271 cidades de 66 países diferentes, entre eles, os 75 de Carballo. Ademais de recompilar a localización, a aplicación reúne todo tipo de datos e curiosidades sobre a pintura e os propios usuarios poden achegar máis documentación. Este sistema xa está dispoñible, tanto para Android como para iPhone:
Eco na televisión
A presenza de Carballo, xunto con outras dúas cidades galegas como son Ferrol e Ordes, nas recomendacións da web e a aplicación xerou interese, de tal forma que Derrubando muros con pintura saíu en medios escritos como O Español, ou no Telexornal da TVG nunha reportaxe.
- Aquí podedes ler o artigo: Quincemil – El Español
- Aquí podedes ver a peza no Telexornal: Carballo, Ferrol e Ordes, berce dos mellores murais de arte urbana