Carballo a un paso

Inicio // Que ver // Patrimonio // Arte urbana // Escultura ‘Escalo’

Compartir:

Escultura ‘Escalo’

Escultura ‘Escalo’

Escultura ‘Escalo’

[2007] - Rotonda de acceso ao polígono industrial de Bértoa
Autor: Manuel Facal

Na rotonda de acceso ao polígono industrial de Bértoa encontrarás esta escultura do 2007, deseñada polo afamado escultor e gravador carballés Manuel Facal, de sona internacional. Chaman a atención as súas dimensións e a súa cor que destaca, nos días claros, sobre o horizonte azul. Ten 13,50 metros de alto e pesa 3.200 quilos. Trátase dun enorme peixe vermello, con cola de aceiro e elaborado case integramente con refugallos de metal.

A creación de Facal representa un escalo, un peixe alongado de auga doce que habita na auga do río que nos cruza, o Anllóns. O autor doou o seu traballo ao concello de Carballo, que sufragou o material e a man de obra precisa para construílo. A escultura, como o resto das obras que Facal ten en Carballo, foi elaborada en talleres da nosa vila. Pertence á mesma serie que a escultura "Peixe", situada na rotonda de entrada ao centro comercial.


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader