Artesanía
Son as do artesán, as da artesá, mans que non só producen, senón que tamén acariñan, miman e tratan con esmero e coidado todo aquilo que fan. É a súa a arte do detalle, do traballo como entrega. Atoparás a marca Artesanía de Galicia en instrumentos musicais, olería e zocos procedentes de Carballo e hoxe espallados por moi diversos lugares do mundo.
Marilá Gómez Caamaño, oleira
Pezas de Marilá Gómez Caamaño, oleira
Esta artesá aprendeu a traballar no barro cos famosos oleiros de Buño, cos que está en contacto dende nena. Leva máis de 25 anos no oficio. As súas creacións chegan a tendas de artesanía de toda Galicia. Na actualidade, ten o seu obradoiro na parroquia de Sísamo, no lugar de Ceide.
Lugar de Ceide, 1 (Sísamo)
15106 Carballo
Telf: 696 258 062 // artesaniamarila@yahoo.es
Obradoiro JR, gaitas e percusión, elaboración artesanal de instrumentos musicais
Obradoiro JR, gaitas e percusión, elaboración artesanal de instrumentos musicais
Este obradoiro está especializado na elaboración de instrumentos musicais galegos, de maneira completamente natural e manual, e mediante o emprego de madeiras nobres como o granadillo, buxo, pau rosa, ébano ou pau santo. Gaitas, pandeiros, pandeiretas, tambores, bombos e moitos outros instrumentos de percusión nacen neste obradoiro para rematar en moi diversos lugares de Europa e de América.
Rúa do Doutor Fleming, 47
15100 Carballo A Coruña
Telf: 981 70 13 26 // info@musicaljr.com // www.musicaljr.com
José López Rama, artesán zoqueiro
Zocos e polainas de José López Rama
Xa non quedan zoqueiros coma el. José mamou dende pequeno este oficio que leva no sangue e no corazón. Foron moitos os zocos, zocas, zapatóns, polainas, bolsos e outros complementos en coiro que pasaron polas súas mans e as da súa dona. Traballou para coñecidos grupos de música e baile tradicional, como Luar na Lubre ou Rei de Viana.
Os seus zocos atópanse mesmo nun museo do Xapón. Xunto a el teñen vido xornalistas de publicacións estranxeiras especializadas en artesanía. Agora este matrimonio está xa xubilado mais, se pasas pola rúa do Muíño, aínda poderás ver o escaparate da que foi durante toda a súa vida a súa tenda e tamén vivenda. Se che cadra de atopalos na casa, ilustrarante coa maxia dun oficio hoxe case desaparecido.
Rúa do Muíño, 7
15100 Carballo. A Coruña
Telf: 981 70 10 68