O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís reparte máis de 3.000 euros en premios!
Tanto se eres profesional como afeccionado á fotografía, anímate a presentar as túas imaxes: tes de prazo até o 16 de marzo
Imaxes gañadoras da edición de 2019
- 1º premio: 1.500 € e diploma.
- 2º premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
- Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).
- Accésits: 300 €, patrocinado por Interfilm Carballo.
Así que, se eres un experto do enfoque, dos trípodes, do encadre ou da luz ou se simplemente fas fotos chulas, non o dubides e presenta as túas obras. Cada participante terá a posibilidade de entregar un máximo de tres imaxes. As fotografías poderán ser en branco e negro ou cor, poderán ser naturais ou manipuladas, e o tema, agás no caso do Premio Especial Carballo, é libre.
Exposición coas obras presentadas
O certame, conta, ademais, con outro aliciente, xa que as obras gañadoras e unha escolma das presentadas ao concurso formarán parte dunha exposición colectiva que se realizará nun prazo máximo de catro meses dende que se faga público o fallo do xurado. Precisamente o xurado estará formado por persoas vinculadas ao eido da fotografía e da imaxe, por un representante das asociacións culturais do munipio e por un ou máis representantes do Concello.
Os gañadores e gañadoras do ano pasado foron Teresa Búa, Basilio Bello, Juan Rodríguez Pazos e César López Sambade.
Este ano ao mellor a gañadora é a túa proposta! Consulta as bases, presenta as fotografías e sorte!