Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Xa podedes anotarvos na sección oficial do...

Compartir:

Xa podedes anotarvos na sección oficial do Carballo Interplay!

As inscricións son gratuítas e os premios superan os 6.000 euros de contía: tendes de prazo até o domingo 16 de febreiro

Carballo Interplay 2020

Se queredes participar na sección oficial do festival de contidos dixitais Carballo Interplay que terá lugar do 1 ao 4 de abril de 2020, bulide! O prazo para inscribir as vosas webseries remata o 16 de febreiro. A inscrición é gratuíta, só tedes que cumprimentar o formulario da páxina web do festival ou de filmfreeway.  Os premios outorgados serán os seguintes:

  • MELLOR WEBSERIE // 800 euros e trofeo
  • MELLOR WEBSERIE INTERNACIONAL // 800 euros e trofeo
  • MELLOR WEBSERIE VO GALEGO // 800 euros e trofeo
  • MELLOR CAMPAÑA DE DIFUSIÓN EN REDE // 500 euros e trofeo
  • PREMIO DO XURADO NOVO // 400 euros e trofeo
  • PREMIO DO PÚBLICO // 400 euros e trofeo
  • PREMIO MELLOR GUIÓN AGAG // 200 euros e trofeo
  • PREMIO MELLOR DIRECCIÓN CREA // 200 euros e trofeo
  • MELLOR ACTRIZ // trofeo
  • MELLOR ACTOR // trofeo

Ademais, tamén está aberto até o 15 de marzo de 2020 o prazo para presentar proxectos de webserie en galego. O premio ten unha dotación económica de 3000 euros que deberá destinarse á produción de -cando menos- 3 capítulos da webserie premiada. Tedes máis información no formulario da páxina web do festival ou aquí.

Agardamos os vosos traballos! En Carballo, en abril, Interplay!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica