Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Somos rúa, facemos arte en Carballo!

Compartir:

Somos rúa, facemos arte en Carballo!

Este programa, que traslada a creación artística ao espazo público, completa a campaña Agasalla Carballo os días 27, 28 e 29 de decembro

Somos rúa, facemos arte

Por terceiro ano consecutivo o programa Somos rúa, facemos arte visita Praza do Concello de Carballo, para “facer arte” no espazo público, colaborando co tecido asociativo e coas familias. Arte contemporánea, música e danza, en tres días intensos –do 27 ao 29 de decembro- nun inverno artístico e activo, vindo a completar a campaña de Nadal Agasalla Carballo e promovendo o desfrute da arte e da cultura contemporánea para todos os públicos.

A coordinadora da actividade, Paula Cabaleiro, subliña que en todas as edicións a cita contou cunha elevado interese por parte da cidadanía. E este ano, ademais de supoñer unha vía de escape ante o consumismo que nos invade nas datas de Nadal, Somos Rúa tamén conta cun eixo transversal e urxente,  que é o de fomentar valores próximos á ecoloxía e á sostenibilidade. Ademais, o cartel da iniciativa está inspirado na danza contemporánea. A imaxe simboliza que a arte ten os pés na terra, porque, en verbas de Cabaleiro, “ se a cultura non se fai sementando na terra non ten nin futuro nin garantía de ser considerada patrimonio”.

Programa

Todas as citas serán de acceso libre e gratuíto e na Praza do Concello (en caso de choiva no 1º andar do Mercado), con especial atención ás actividades para nenas e nenos e sempre contando coa participación das veciñas e veciños e visitantes que se acheguen a Carballo estes días. O programa é o seguinte:

27 de decembro 

  • 10.30 a 13.30 | 16.00 a 17.30 h. Para nenos de entre 5 e 12 anos. “Valorando o mar” – elaboración dunha peza escultórica. Os nenos e nenas que participen levan a súa propia escultura para a casa.

28 de decembro  
  • 10.30 a 13.30 | 16.30 a 18.30 h. Todos os públicos. “Exercicio arquitectónico para individuo incómodo” – Instalación realizada coas bolsas de plástico recicladas de quen queira colaborar. 
  • 19.30 h. Todos os públicos. Concerto pop-rock. Portland Band.

29 de decembro
  • 13.00 h. Todos os públicos.  Danza con Licenciada Sotelo. “Incerteza”. 

Todo para transformar Carballo nun museo vivo que ademais contribúa á divulgación artística e cultural. Somos Rúa, facemos arte!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica