Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Queres gañar unha visita a Port Aventura ou ao...

Compartir:

Queres gañar unha visita a Port Aventura ou ao Parque Warner? Agasalla Carballo!!!

Tamén podes gañar tablets, cadernos con murais de Derrubando muros con pintura ou citas gastronómicas: do 13 de decembro ao 5 de xaneiro

Agasalla Carballo

Queres ter a oportunidade de desfrutar en Port Aventura ou no Parque Warner? Agasalla Nadal, Agasalla Carballo! Comprar en Carballo na Campaña de Nadal sempre compensa! Se mercas nalgún dos 102 comercios que participan na campaña entre o 13 de decembro e o 5 de xaneiro podes optar a centos de premios. Coa túa primeira compra superior a 20 euros recibirás unha tarxeta, e sempre que gastes 20 euros nalgún dos comercios recibirás un selo nesa tarxeta para poder acceder aos diferentes premios. Ao xuntar cinco selos de cinco comercios distintos, entras no sorteo de 4 paquetes para 3 persoas cada un de aloxamento e entradas ao Parque Warner ou a Port Aventura. Pero non é o único agasallo por recibir os cuños:  

  • 2 selos: participas no sorteo de 10 tablets
  • 4 selos: premio directo: un almorzo, xantar ou cea para 2 persoas en cafetarías e restaurantes de Carballo
  • 5 selos: participas no sorteo para ir ao Parque Warner e a Port Aventura  
Ademais, as seguidoras e seguidores das redes sociais de Turismo Carballo terán algún agasallo sorpresa ao longo da campaña. Estade atent@s!

Os premios poderán recollerse no Museo de Bergantiños até o 9 de xaneiro de 2020. No caso dos premios directos, con ensinar a tarxeta cos cuños as afortunadas e afortunados xa o levan no momento. No caso dos sorteos, hai que presentar a tarxeta, tamén no Museo, e cubrir un boleto cos datos persoais e depositalo nunha urna. O sorteo terá lugar o sábado 11 de xaneiro de 2020 ás 12.00 horas. As bases e toda a información sobre os premios estarán dispoñibles durante toda a campaña en www.turismocarballo.org e en www.carballo.gal.                      

Actividades de lecer

Agasalla Carballo

Outro dos obxectivos da campaña de Nadal é ofrecer alternativas de lecer para nenas e nenos e tamén para adultos, para axudar a realizar as compras de Nadal ou para que tamén resulten máis divertidas. Este ano, as actividades terán lugar en dous espazos diferentes: na Praza do Concello e no Mercado Municipal. Na Praza do Concello (no Mercado en caso de condicións meteorolóxicas adversas) será a terceira edición de Somos rúa, facemos arte, un programa de achegamento á creación artística no que se “fai arte” no espazo público. Arte contemporánea, música e danza en tres días intensos entre o venres 27 e o domingo 29 de decembro, nos que haberá tamén citas para nenas e nenos, que poderán participar na realización de esculturas colaborativas.

No primeiro andar do Mercado haberá Xogos e obradoiros infantís do xoves 2 ao domingo 5 de xaneiro. O acceso é libre e gratuíto de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, agás o domingo 5 de xaneiro en que será unicamente pola mañá. Piscina de bolas, rocódromo inchable, criquet de animais, obradoiros de pinzas ou de espumas… son só algunhas das citas para as máis cativas e cativos que atoparedes no Mercado de Carballo.

Toda a campaña complétase con elementos decorativos no Xardín Municipal, na rúa Coruña, na rúa Valle Inclán e no acceso á rúa Colón: un candil, un trineo con renos, uns cascanoces e un simpático boneco de neve que xa están sendo os protagonistas dos selfies de Nadal de veciñanza e visitantes. E tamén con catro abetos de 5 metros de altura na rúa Barcelona que serán adornados nos próximos días e que completarán o decorado de Nadal. 

En Nadal, visita Carballo! Boas Festas!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica