Carballo a un paso

Inicio // Que ver // Patrimonio // Arte urbana // Escultura ‘Enredos’

Compartir:

Escultura ‘Enredos’

Escultura ‘Enredos’

Manuel Facal, diante da súa escultura ‘Enredos’

2008 - Xardíns do IES Monte Neme
Autor: Manuel Facal

Nos xardíns do Instituto de Educación Secundaria Monte Neme, á entrada do centro, encontrarás esta escultura de ferro, inaugurada en 2008. Foi ideada polo escultor e gravador carballés Manuel Facal e realizada polo alumnado de taller de Mecanizado do propio IES.

Parte dun dos varios deseños que o artista elaborou para a escultura de acceso ao polígono industrial, para a que finalmente foi escollida a figura "Escalo". O propio Facal supervisou a súa elaboración.

A estatua mide dous metros e pesa 300 quilos. Xunto coas esculturas "O escalo", na entrada á autovía á Coruña dende o Polígono industrial, e "O peixe", situada na zona de acceso ao centro comercial, completa a tríade de obras coas que o carballés, Manuel Facal, escultor de sona internacional, contribuíu a dotar de novos referentes ao núcleo urbano.


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader