Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo acolle o III Encontro galego de...

Compartir:

Carballo acolle o III Encontro galego de Postcrossing

A Biblioteca Rego da Balsa é o escenario desta cita que pretende revivir e recuperar as postais e as cartas como medio de conexión social

Mostra de postcrossing na Biblioteca Rego da Balsa

Mostra de postcrossing na Biblioteca Rego da Balsa | 📷 Bibliotecas de Carballo

Carballo é sede o sábado 23 de novembro do III Encontro Galego de "postcrossing". A xuntanza, enmarcada no proxecto “Palabras da man ao corazón”, pretende revivir e recuperar as postais e as cartas como medio de comunicación e de conexión social. A cita é na Biblioteca Rego da Balsa, onde estes días pode visitarse unha exposición coas postais da colección persoal de Diana Pastoriza, coordinadora de "Palabras da man ao corazón”, iniciativa na que participan uns 60 centros educativos que levaron a cabo intercambios de postais, cadernos viaxeiros e obradoiros de escrita creativa ou de caligrafía, entre outras actividades.

Ás 12.00 h. sae dende a Biblioteca Rego da Balsa un percorrido guiado polos murais de Carballo

Gustaríache revivir e recuperar un medio -o intercambio de postais e cartas - que foi natural en Galicia durante moito tempo, e máis para tantos e tantos emigrantes no estranxeiro? “Palabras da man ao corazón” naceu dese xeito, como un proxecto educativo intercentros que ten como obxectivo revalorizar a escrita creativa á man engadíndolle unha dimensión colaborativa e intercultural. Ademais, posúe unha parte divulgativa que busca dar a coñecer libros, poemas, cancións e cadros que teñan como tema as cartas ou a escritura (na pranta baixa da biblioteca podes ver parte deses libros).

Ruta guiada por Derrubando muros con pintura

A cita desenvolverase de 10.30 a 14.30 na Biblioteca Rego da Balsa e entre a programación está incluída unha ruta guiada polos murais de Derrubando Muros con Pintura a partir das 12.00 h. con saída dende a propia biblioteca. Ademais, ee che apetece, podes deixar as túas impresións por escrito sobre a exposición ou o proxecto de postcrossing no seguinte enderezo:

Diana Pastoriza
Apartado de Correos 201
Rúa do Franco nº 4
15780 Santiago de Compostela

Oxalá esta exposición e o encontro do 23 de novembro deixe un ronsel de postaleiras e postaleiros en Carballo!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica