Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O teatro invade lavadoiros, mercerías,...

Compartir:

O teatro invade lavadoiros, mercerías, perruquerías, estudos de arte...

Os sábados 12, 19 e 26 de outubro espazos non convencionais para a escena acollen espectáculos de proximidade no certame Metro Cadrado

FIOT 2019

Esta fin de semana o teatro vai de ruta polos lugares máis insospeitados grazas ao certame Metro Cadrado do FIOT. Lavadoiros, mercerías, perruquerías, estudos de arte, o mercado municipal ou mesmo o Casino de Carballo... Todo respira teatro este sábado 12 de outubro e tamén os sábados 19 e 26 do mes. Metro Cadrado pretende dar a coñecer o traballo de artistas e compañías emerxentes á vez que o público vive unha nova e intensa experiencia teatral. Na súa terceira edición, o M2 aposta por ofrecer espectáculos e creacións escénicas de curta duración en enclaves non convencionais á hora de acoller unha representación.

Micro-escenas M2 conta este ano cun total de seis espectáculos, dos cales catro son estreas absolutas. As primeiras dúas funcións son o 12 de outubro, da man das compañías Encontarte Producciones e Catro Gatos Teatro. A primeira delas presenta Sorpresa, unha comedia dramática que conta a historia de Nora, “unha muller católica, apostólica e romana” que ten preparada unha sorpresa para o seu home polo seu aniversario, pero este non aparece. Sorpresa é unha historia de segundas oportunidades e de mulleres empoderadas que se representa ás 13.00, 13.30, 19.00 e 19.30 horas no Casino 1889 de Carballo.

De balde, pero preferiblemente con reserva previa

A segunda das propostas será a estrea absoluta de Invisíbel, da compañía de recente creación Catro Gatos Teatro, na que, a través do humor negro, convidan ao público a reflexionar sobre as persoas anónimas que se ven na obriga de emigrar, coma aquelas que procuran refuxio. A proposta, apta para todos os públicos, representarase ás 13.00, 13.30, 19.00 e 19.30 horas no Estudio de arte Garabato.

O sábado 19, Carballo acolle a estrea absoluta de Corazón, o novo traballo de Iria Sobrado, e a representación do monólogo Margarita, de Teatro en punto. Finalmente, na o día 26 de outubro está prevista a estrea absoluta de dúas pezas: Soas lavan, de Tukumpás Teatro, e O silencio das tartarugas, de María Dobronich. Dada a limitación física de cada un dos espazos que acolle o M2, a organización do FIOT recomenda facer unha reserva previa da entrada ao correo electrónico <fiot.microteatroentrada@gmail.com>, indicando o nome do espectáculo, horario, nome e apelidos da persoa asistente e un teléfono de contacto.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica