Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Volve o volei á praia de Razo!

Compartir:

Volve o volei á praia de Razo!

As redes están dispoñibles a diario na Explanada de 16.00 a 20.00 horas, con escolas gratuítas para todas as idades de 17.00 a 18.00 horas

Práctica de volei en Razo

Práctica de volei en Razo | 📷 FB Escolas de Volei Razo

Se che gusta gozar á orilla do mar e tamén coa práctica do deporte, tes unha cita obrigada na praia de Razo. Dende o 1 de xullo e até o 31 de agosto, a explanada conta con pistas e redes de volei para que quen visite o areal poda tamén desfrutar coa competición sa e as tardes entre amigos. Están dispoñibles a diario de 16.00 a 20.00 horas. E se non se che da moi ben o volei, non tes excusa para non probar, xa que haberá escolas para ensinar aos principiantes de todas as idades en horario de 17.00 a 18.00 horas nas mesmas pistas.

  • Redes de volei dispoñibles a diario de 16.00 a 20.00 horas.
  • Escolas de volei gratuítas de 17.00 a 18.00 horas.

A actividade de volei-praia no areal de Razo está dispoñible de balde dende o 1 de xullo até o 31 de agosto

E se o que che gusta do volei é a súa faciana máis competitiva, tamén temos unha programación para ti cun torneo que é tamén unha festa do deporte: o Torneo-Foliada Concello de Carballo. Será o sábado 10 e o domingo 11 de agosto e, ademais de campionato, haberá música, xogos sorpresa e unha paella para todos os participantes. Hai que lembrar que as actividades de volei na praia de Razo están organizadas pola Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte, en colaboración co Concello de Carballo. O cartel da actividade, ademais, ten como protagonistas a participantes na actividade noutras edicións.

+info:

Se queredes máis info ou inscribirvos xa no torneo, podedes facelo en www.facebook.com/volei.razo e no teléfono 606 400 858.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica