Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Se vos gustan os coches clásicos, vinde a...

Compartir:

Se vos gustan os coches clásicos, vinde a Carballo o 9 de xuño!

A Classic Car cumpre 5 anos visitando a nosa vila: os vehículos antigos estarán en exhibición na Praza do Concello a partir das 17.00 horas

Classic Car

Classic Car 2018

A Asociación Cultural Vehículos Clásicos Classic Car xa ten a punto a quinta edición da concentración anual que organiza coa colaboración do Concello de Carballo e que cada ano congrega na nosa vila a numerosos veciños e veciñas e visitantes que desfrutan coas xoias sobre rodas. Será o domingo 9 de xuño durante todo o día, aínda que a concentración de vehículos para todo o público será a partir das 17.00 horas na Praza do Concello.

A Classic Car ten unha parte solidaria: quen queira pode doar produtos non perecedoiros nun posto de Cruz Vermella

Ademais, coma en anos anteriores, a Classic Car volve a ter unha parte solidaria. Así, tanto os participantes como as e os espectadores que o desexen poderán achegar, voluntariamente, alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene e alimentación infantil para a Cruz Vermella no posto que estará instalado pola tarde na Praza do Concello.

Programa

Respecto do horario de actividades, aquí volo deixamos polo miúdo:

  • 10.00 h. Encontro dos e das participantes na concentración na fábrica Conservas Calvo, que é outro dos colaboradores. Neste punto realizarase a entrega de dorsais. Haberá un café de benvida e ademais os participantes poderán gozar dunha exposición de vehículos de competición.
  • 11.45 h. Arrinca unha ruta polos concellos de Carballo e A Laracha, para rematar no Pazo de Vilar de Francos, onde se celebrará o xantar.
  • 17.00 h. Exhibición de coches clásicos na Praza do Concello de Carballo, onde permanecerán expostos para deleite de todo o público que queira achegarse. Para amenizar a xornada está prevista, na mesma praza, a actuación do DJ Frank Fairlane, e ademais haberá sorteo de agasallos entre os participantes.

Amantes dos coches clásicos: tendes unha cita en Carballo!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica