Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Rexenera Fest: cinco anos de compromiso coa arte...

Compartir:

Rexenera Fest: cinco anos de compromiso coa arte pública

Do 27 de maio ao 9 de xuño o festival acolle artistas de China, Arxentina, Italia, Valencia ou Ordes para mudar a vila a golpe de brocha e spray

Rexenera Fest

O Rexenera Fest cumpre cinco anos e o fai con máis saúde ca nunca con seis artistas chegados dende todos os currunchos do globo para seguir aumentando o museo ao aire libre no que se ten convertido Carballo. Pero cada ano o Rexenera Fest é máis. É un montón de actividades gratuítas que van de seminarios a masterclasess, microconferencias, música en directo, rutas ou a posibilidade de ver día a día o traballo dos creadores, que van construíndo da nada imaxes fantásticas, críticas, ou simplemente fermosas. Este ano os artistas convidados veñen de China, Italia, Arxentina, Valencia e Barcelona, e coa presenza galega chegada dende Ordes. Unha escolma dos mellores muralistas do momento para situar a Carballo no mapa do arte urbano mundial.

As datas son do 27 de maio ao 9 de xuño, aumentándose a duración dunha semana a  15 días nos que o festival continuará dando sentido aos obxectivos de Derrubando muros con pintura para converter a Carballo nun punto de referencia da cultura urbana e da arte contemporánea e seguir dando vida ao recurso turístico da vila con máis solicitudes de visitas guiadas ao ano e un dos máis importantes a nivel global en todo Concello xunto coa nosa costa.

Os artistas, un a un

Millo

Mural de Millo

  • MILLO (Italia): Rúa Poñente. Millo mostra nas súas obras a influencia dos seus inicios na arquitectura, reflexada nun vivo sentido do espazo e da composición, con unha distribución organizada dentro dun universo caótico. A súa extensa obra pódese atopar nas rúas de Roma, Milán, Bolonia, Florencia, Río de Xaneiro, Londres, Luxemburgo, París e Barcelona, así como tamén en exposicións e festivais. Mestura nun mundo arquitectónico de branco e negro, figuras xigantes de humanos con aspecto de nenos, marcando dalgunha maneira a inxenuidade humana.

  • SATR (China): Avenida da Cristina. SATR crea as súas obras utilizando diferentes tipos de ideas e inspiracións ao redor das súas propias experiencias vitais. Estas ideas refléxaas nas súas obras principalmente a través da representación de animais, dotándoos de forza e dun gran simbolismo. A través da súa gama cromática reducida e con unha pincelada vigorosa, crea unha tensión e movemento conseguindo captar rapidamente a mirada do público.

Obra de Pichiavo

Obra de Pichiavo

  • PICHIAVO (Valencia): Rúa Luís Calvo. Dúo artístico valenciá, recoñecidos pola súa habilidade para crear relacións entre arte, arquitectura, escultura, espazo e contextos sociais, adoptando un enfoque atractivo e performativo. Na súa arte podemos identificar a perfecta deconstrución da arte clásica e da máis actual Arte Urbana para crear unha nova fusión, que sendo fiel a súa herdanza clásica. PichiAvo son un dende 2007, fuxindo do egocentrismo do graffiti, únense para crear unha obra individual que recita unha poética conceptualmente urbana. Nace do formalismo artístico da rúa, transferindo fragmentos do muro ao lenzo e viceversa nunha visión moi persoal. Este ano colaboraron na creación da “Falla Municipal” das “Fallas de Valencia”.

  • MARINA CAPDEVILA (Barcelona): Avenida de Bergantiños. Ilustradora freelance afincada en Barcelona. Despois de terminar Belas Artes trasládase a Rotterdam durante ano e medio para profundizar no deseño gráfico, estudando e facendo prácticas en dous estudos. Á volta, despois de traballar como deseñadora gráfica, decide adentrarse máis na ilustración cursando un posgrado de ilustración creativa. A partir dese momento céntrase na ilustración. O que inspira a Marina é a beleza que non segue o cánones habituais como personas maiores, personaxes eternos perdidos nunha sociedade na que teñen dificultade para comprender. O que quere comunicar é o desexo de chegar á vellez con plena vitalidade. Os recursos da exaxeración e a ironía son puntos clave nas súas creacións.

Mural de Marina Capdevila

Mural de Marina Capdevila

  • LIDIA CAO (Ordes) Rúa Vila de Negreira: Nace en Santiago de Compostela. Técnica Superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso de A Coruña. Dende pequena debuxaba os libros e cubría calquera superficie co bolígrafo. Interesóuse polo debuxo de figuras e rostros, analizando as expresións e o que decir con moi pouco. Nunca asistíu a clases particulares e considérase maiormente autodidacta. Foi en 2016 cando o muralismo tropeza no seu camiño gracias a obradoiros de iniciación a partir dos cales empeza a explorar novos mundos. Encántalle crear o volumen a través de simples liñas. A súa paleta é en gran parte monocromática, utilizando tamén cores desaturadas e pouco estridentes. Participa en varios festivais de muralismo como desOrdes Creativas (Ordes), Muro Crítico (Cáceres), VICC (Vigo) ou Urbanidades do Eixo en Portugal. Actualmente traballa como ilustradora freelance e artista mural.

  • MILU CORRECH (Arxentina): Fórum Carballo. Nació, vive y probablemente morirá en Buenos Aires, Argentina. Siempre garabateó más allá de sus actividades principales y hace unos años aprendió a pasar pequeñas imágenes a metros cuadrados. Los muros se fueron agrandando y sumando, lo que le permitió viajar con brocha y rollo al contado. Manchó   paredes en su ciudad natal, otras ciudades argentinas y otras tantas de otro lado del océano. Ahora sigue pintando tratando de mejorar muro a muro, pincelada a pincelada. La finales de 2017 la web holandesa Street Art Today escogió una de sus obras como uno de los siete mejores murales del mundo del mes de noviembre, lo que catapultó la repercusión de su trabajo. En los últimos tiempos afirma que comenzó una serie de murales de brujas.

Actividades paralelas

Obra de SATR

Obra de SATR

  • MASTER CLASS DE AEROSOL CON SATR: de balde.
A visita da artista china serve para ofrecer unha masterclass para persoas con formación artística e en muralismo. Ensinará as claves da súa orixinal técnica, na que pinta en degradado empregando boquillas moi anchas dunha forma moi peculiar. 
  • DATAS: sábado 1 e domingo 2 de xuño.
  • HORARIOS: De 17.30 a 21.30 h. 
  • LUGAR: por definir.
  • PRAZAS LIMITADAS: Só 10 prazas.

  • MURALISMO PARA NEN@S: de balde.
  Obradoiro impartido por MOU, de Mutante Creativo, muralista, creador, deseñador gráfico e artífice do mural A Orixe, situado na rúa Fábrica de Carballo. É a primeira vez que o festival organiza unha actividade para nenos e nenas, neste caso, a idade será de entre 10 e 12 anos.
  • DATAS: martes 4 e mércores 5 de xuño.
  • HORARIOS: pola tarde.
  • PRAZAS: dirixido a nenas e nenos de 10 a 12 anos.

Mural de Lidia Cao

Mural de Lidia Cao

  • MICROCONFERENCIAS SOBRE ARTE URBANA: de balde.
  • DATA: sábado 8 de xuño.
  • HORARIO: de 17.00 a 19.00 horas.
  • LUGAR: Auditorio do Fórum Carballo.
  • RELATORES:
- Festival Parees de Oviedo (Asturias)
- Blog Ensaios Urbanos
- Festival Miau (Museo Inacabado de Arte Urbano) do Concello de Fanzara en Castellón

  • FESTA DE PECHE: de balde.
  • DATA: sábado 8 de xuño.
  • HORARIO: de 20.00 a 00.00 horas.
  • LUGAR: Fórum Carballo, anfiteatro no mural de Aryz.
  • BANDAS: 
- Néboa (pop/triphop/jazz)
- High Paw (reggae)
- Boyanka Kostova (trap)
- Peche con DJ

  • ROTEIRO GUIADO: de balde.
  • LUGAR DE SAÍDA: Fórum Carballo, Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n.
  • HORARIO: de 17.00 a 19.00 horas, aproximadamente.
  • DATA: Domingo 9 de xuño.
  • ASISTENCIA GRATUÍTA

Arte dende todos os puntos de vista, para toda a cidadanía e cun especial fin de festa no Fórum Carballo. Vinde ao Rexenera Fest! 


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica