Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Máis de 600 nenas e nenos de toda Galicia no Día...

Compartir:

Máis de 600 nenas e nenos de toda Galicia no Día do Pequebasket

A xogadora lucense Esther Castévez, xogadora da liga universitaria de EEUU, será madriña da sétima edición desta cita, xa tradicional o 17 de maio

VII Día do Pequebasket

Máis de 600 nenos e nenas de entre 5 e 8 anos de 50 clubs de toda Galicia, participan o venres 17 de maio no VII Día do Pequebasket, unha cita que reunirá no complexo deportivo Carballo Calero ás futuras promesas do baloncesto base de toda Galicia. Organiza  Escola Básket Xiria en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto (Fegaba), o Concello de Carballo, Carballo Deporte e a Deputación da Coruña. Oito canchas de minibasket, 120 partidos en formato 4×4 e sen marcador, inchables, coches a pedais e moitos xogos son algunhas das actividades dun programa que ten como principal obxectivo que os rapaces e rapazas o pasen ben, aprendan os valores do deporte e desfruten nun día inesquecible.

Como en anteriores edicións, o Pequebasket terá madriña; neste caso, a lucense Esther Castedo, xogadora da liga universitaria estadounidense (NCAA) no Robert Morris Colonials. Formada no Estudiantes de Lugo, Castedo é habitual nas convocatorias das seleccións españolas, coas que acadou a medalla de prata nos Campionatos Europeos de FIBA sub 18 en 2018 e, co equipo nacional sub 15, o ouro no torneo HMY de 2105.

Mobilización de case 3.000 persoas

O presidente de Escola Básket Xiria, Marcos Molk, quere salientar o potencial do Pequebasket: “Os números falan da importancia que xa ten o torneo, que eu creo que aínda ten marxe de mellora, porque cada ano anótanse máis clubs que nas edicións anteriores e cada ano son máis as entidades de toda a comunidade que nos transmiten o seu interese por estar en Carballo o 17 de maio”. “Xa non falamos dos 600 xogadores que se darán cita”, engadiu, “senón dos familiares e acompañantes: poderíamos dicir que entre xogadores, familiares e acompañantes e carballeses que se achegan a desfrutar da xornada no Pequebasket xúntanse preto de 3000 persoas, unha cifra de visitantes que ten unha extraordinaria incidencia tamén na economía local”.

Carballo fala deporte co Día do Pequebasket! Vén a vivilo!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica