Carballo a un paso

Inicio // Artigos // 81 promesas do ciclismo na II Challenge Júnior...

Compartir:

81 promesas do ciclismo na II Challenge Júnior Carballo

Asturias, Cantabria, Castela-León, Castela-A Mancha, Portugal e Galicia: o futuro dos pedais visita Carballo a primeira fin de semana de abril

II Challenge Júnior Carballo

81 promesas do ciclismo galego, pero tamén deportistas de Asturias, Cantabria, Castela-León, Castela-A Mancha e Portugal, danse cita o sábado 6 e o domingo 7 de abril en Carballo na II Challenge Júnior Carballo 2019. Organizada polo Club Ciclista Carballo, coa colaboración do Concello e da Federación Galega constará de tres probas independentes, pero será un pouco máis dura que a do ano pasado e primará a participación feminina. unha das novidades é que haberá trofeo para a mellor ciclista en cada unha das categorías, e tamén se establece este ano o premio ao mellor equipo.

Con motivo da celebración da proba haberá unha ruta guiada polos murais de Derrubando Muros con Pintura: sábado 6 ás 12h.

A primeira etapa, Razo-Monte Neme, sae o sábado ás 11.00 horas. Ese mesmo día pola tarde, ás 16.30, arrinca Razo-Razo, que incrementa o seu percorrido en seis quilómetros, ata os 66, con respecto ao ano pasado, e incorpora treitos de maior dureza. A terceira proba é o domingo, co percorrido habitual de 89,5 quilómetros polos concellos de Coristanco e Carballo, e que terá a meta situada na rúa Martín Herrera, xunto ao Museo de Bergantiños-Oficina de Información Turística.

Ruta polos murais de Carballo

A proba será valedeira para o Campionato Galego e congregará durante dous días a numerosos deportistas e visitantes chegados de moitos recunchos, o que convirte o deporte nun elemento máis de desenvolvemento turístico. Así, o sector hostaleiro da vila está implicado para acoller a corredores e acompañantes, tanto familiares como técnicos dos distintos equipos, para seguir facendo de Carballo un bo lugar para visitar. Por iso, a Deputación da Coruña e a CMAT, organizan actividades especiais e ofertas de aloxamento para visitantes e acompañantes. Se queredes coñecelas, clicade AQUÍ.

Así, con motivo da celebración tanto da Júnior Challenge como do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, o programa da fin de semana complétase cunha ruta guiada polos murais de Derrubando Muros con Pintura. Será o o sábado 6 de abril ás 12.00 horas, con saída na Praza do Concello, no corredor entre o Xardín e as canchas deportivas. Aínda que é gratuíta, é necesaria unha inscrición previa, ben no enderezo electrónico <museo@carballo.gal> ou no teléfono 698 156 402 (chamando ou por WhatsApp). A cita conta coa colaboración da CMAT.


Ligazóns

Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica