Anos 20
Carballo nos anos 20
O progreso chegou e a vila medrou. A finais dos anos 20 inaugúrase o actual xardín do centro e, na mesma zona, os barracóns para o mercado e a feira, e o grupo escolar Desiderio Varela, a que hoxe en día coñecemos como Escola do Xardín.
Poucos anos antes foran construídos dous fermosos edificios: unha igrexa de estilo neorrománico e unha casa do concello, modernista e ecléctica, que logo serían destruídas na época de afán construtivo dos anos 60 e 70.