Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Volve a Feira das Oportunidades!

Compartir:

Volve a Feira das Oportunidades!

O sábado 9 e domingo 10 de marzo o Rego da Balsa volve a encherse cunha carpa na que atoparedes as mellores gangas do comercio carballés

Feira das Oportunidades

Seguro que hai algunha cousiña que quedáchedes coas gañas de comprar este inverno. Un par de zapatos, ese cinto, aqueles deportivos para a nena... Todo iso e a un prezo inmellorable poderedes atopalo na Feira das Oportunidades, que cumpre once anos no calendario do comercio carballés e do Centro Comercial Aberto (CCA). Ademais, non só de roupa e calzado vive a feira, xa que tamén poderedes atopar oferta en tecnoloxías e mesmo en automoción, entre outros. Unha carpa de 1.100 metros cadrados para acoller a 40 establecementos do comercio local.

A cita, o sábado 9 e o domingo 10 de marzo en horario ininterrompido durante todo o día, non só co comercio, senón tamén con actividades de animación e moitas sorpresas para animar ás veciñas e veciños que se acheguen a pasar un bo rato de compras. O presidente do CCA Carballo, entidade organizadora da feira xunto co Concello, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, subliña o feito de que participen 40 establecementos e de que todos sexan de Carballo: “é un aliciente para nós e fala da fortaleza do comercio local, ademais de darlle un valor engadido á feira, porque a xente coñece o comercio que vai estar nela".

Agora que xa tendes todos os datos, non esquezades marcar a data no calendario! Mercade no comercio local!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica