Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // De onde vimos // Século XVIII

Compartir:

Século XVIII

Baños Vellos

Balneario dos Baños Vellos. Foto de Gervasio Varela

Principiaba o século XVIII cando un veciño da zona, sorprendido polos vapores que emerxían daquelas terras, pensou que nelas se atoparían agochadas abondosas riquezas, como ditaban as lendas de mouros e mouras.

O que atopou foi, si, un tesouro, mais, doutro tipo, un manancial de augas sulfurosas que resultaron ser sanadoras. Ergueríase alí un edificio de baños e unha capela, a da Estrela. Carballo medraría e chegaría a ser concello no século XIX.

Foron estes bos tempos para o campo. A introdución do millo e da pataca permitiu que as labregas e os labregos dispuxesen de colleitas máis abondosas e mellorasen a súa alimentación. En consecuencia, a Igrexa, que cobraba rendas da xente do campo, tamén incrementou os seus ingresos.

A poboación medrou, as antigas igrexas románicas quedaron pequenas e foi preciso construír outras novas. De aí que a maior parte do noso patrimonio eclesiástico proveña desta época.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica