Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Febreiro de exposicións...

Compartir:

Febreiro de exposicións...

As salas do Pazo da Cultura acollen durante o segundo mes do ano ata tres mostras de artes plásticas, arte gráfica e fotografía

Unha das imaxes da mostra de Marcos Rodríguez sobre Costa de Marfil

Unha das imaxes da mostra de Marcos Rodríguez sobre Costa de Marfil

En febreiro ven a Carballo a desfrutar das mellor oferta artística galega con tres mostras de diferentes temáticas e formatos que ocuparán as diferentes salas de exposicións do Pazo da Cultura. De artes plásticas, de arte gráfica ou de fotografía, todas están incluídas na programación dos Venres Culturais e todas merecen a pena. A primeira que se pode visitar é a exposición das obras seleccionadas na XV edición do Certame Isacc Díaz Pardo, un referente nas artes plásticas de Galicia organizado pola Deputación da Coruña. A mostra aglutina máis de 25 pezas de pintura, escultura, fotografía, gravado, collage, videocreación e outras, que integran un ecléctico escaparate das tendencias da arte actual de artistas galegos e nacionais.

O fotógrafo carballés Marcos Rodríguez ofrecerá a súa ollada sobre Costa de Marfil nunha mostra a partir do 21 de febreiro

A segunda é o XI Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez, unha mostra integrada por un total de 25 obras de gravado calcográfico, litografía, serigrafía e xilografía seleccionadas polo xurado do galardón, organizado pola Deputación da Coruña. A participación de artistas procedentes de máis dunha vintena de países é indicativo do prestixio e a repercusión desta iniciativa na arte gráfica. E a terceira é a mostra Miradas de Marfil, do fotógrafo carballés Marcos Rodríguez, que retrata nesta exposición a crúa realidade de Costa de Marfil a través de fermosas instantáneas da vida cotiá neste país africano. As imaxes foron captadas durante unha viaxe coa oenegué Égreire, moi vinculada á Costa da Morte e que leva a cabo diversos proxectos de cooperación con este país.

DATAS PARA NON PERDERSE

  • Do 6 de febreiro ao 6 de marzo: XV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo. Sala de exposicións Alberto Gende do 3º andar do Pazo da Cultura. De 17.00 a 21.00 horas. Entrada libre e de balde.
  • Do 7 ao 19 de febreiro: XI Premio de Arte Gráfica Jesús Núñez. Andar -1 do Pazo da Cultura. De 17.00 a 21.00 horas.
  • Do 21 de febreiro ao 13 de marzo: Miradas de Marfil, de Marcos Rodríguez. Andar -1 do Pazo da Cultura. De 17.00 a 21.00 horas.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica