Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // De onde vimos // Idade Media

Compartir:

Idade Media

Pazo de Vilardefrancos

Pazo de Vilardefrancos

Sabemos da existencia de dúas torres medievais en terras carballesas. Unha delas, a dos Pardiñas, estaba situada en Razo e foi destruída polo duque de Arjona, Fadrique Enríquez, por non ser os Pardiñas aliados seus. A outra, a de Asperón, estaba en Sofán, entre os lugares de Guntián e Ramiscosa.

A familia Pardiñas conseguiría permiso para a construción dunha nova torre de mans dos propios Reis Católicos, en pagamento polos seus servizos. Cando un membro da familia Pardiñas emparentou cunha Vilar de Francos, ergueríana en Artes, en tempos xa de Carlos I. É a torre central do Pazo de Vilar de Francos, en Artes, conservada en perfectas condicións.

Polo concello podes atopar outros restos da arte e da arquitectura do medievo, como a bóveda de cruzaría, propia do estilo gótico, da capela de San Paio de Entrecruces. Tamén a esta época se remontan as orixes das igrexas de San Cristovo de Lema e de Santiago de Sísamo.

Aínda que a súa construción actual proceda fundamentalmente de épocas posteriores, porén, conservan algún vestixio do románico medieval. Tal é o caso das semicolumnas decoradas na súa parte superior con capiteis de motivos vexetais que podes ver na entrada á capela maior da igrexa de Sísamo, ou o arco triunfal da igrexa de Lema e o muro sur da súa cabeceira, decorado con canzorros figurados.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica