Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Mercarte: escaparate artístico da comarca

Compartir:

Mercarte: escaparate artístico da comarca

A feira de creadores e creadoras carballeses e de Bergantiños ocupa o segundo andar do Mercado do venres 21 ao domingo 23 de decembro

Mercarte 2018

Obradoiros para nenas e nenos e para adultos, actuacións musicais, sorteo de agasallos e, sobre todo, os postos con obras de creadores e creadoras de Carballo e comarca. Todo o atoparedes en Mercarte, a feira artística que ocupará o segundo andar do Mercado Municipal do venres 21 ao sábado 23 de decembro. Organizada pola Asociación Crea Formas, a inauguración está prevista para o venres 21 ás 20.00 horas. Ademais, a feira estará aberta o sábado de forma ininterrompida de 11.00 a 20.30 e o domingo 23, de 11.00 a 15.00 horas con entrada gratuita.

Nesta sexta edición serán trece os artistas que exhibirán e venderán as súas obras, incluídos os traballos dunha editorial independente dedicada á tradución de textos clásicos. Estarán: Luisa Andrade (cerámica), Luisa Torón (en representación a asociación As Espigadoras; cestería), Carlos Botana, Esther Chamoso, Irmás Cartoné (papelería, cadernos, axendas...), Andrea Fernández (de La Platanera; ilustración) Laura Torres, Laura Tova, Lidia Cao, Lola Oviedo (colaxe e gravado), María Álvarez Sanmartín (fotografía), Nove Noel e Teresa Candal.

Programa de actividades

Obradoiros de barro, ilustración, postais de Nadal, mural colectivo, sesión vermú: hai citas toda a finde

VENRES 21 

  • Inauguración, ás 20.00 h., e actuación do grupo Lowcos.
SÁBADO 22 
  • Taller de grilandas e de escultura con barro (de 11.00 a 14.00 h.).
  • Taller de ilustración (18.00 a 20.00 h.).
  • Taller de postais de Nadal (de 18.00 a 20.00 h.).
DOMINGO 23
  • Taller de postais e mural colectivo (de 11.00 a 15.00 h.).
  • Sesión vermú, na que actuará Jass Vibes, un dúo de saxo e guitarra que levará ao Mercado o seu swing (14.00 h.).

A presidenta de Crea Formas, Esther Chamoso, explica que "con Mercarte queremos promover e impulsar a dinamización cultural para que nenos e adultos poidan coñecer os distintos procesos de traballo e estimular a creatividade, considerada non só como unha capacidade para crear obras artísticas, senón como un concepto do que forman parte as habilidades para buscar solucións ás dificultades do día a día. O pensamento creativo axúdanos a resolver problemas; potenciar a creatividade é un xeito de nos enriquecer como persoas e de desenvolver unha actividade que contribúe a mellorar a nosa vida, a nosa contorna e, por iso, a nosa sociedade”.

Así que xa sabedes.... Vinde a potenciar a creatividade con nós!!!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica