Carballo a un paso

Inicio // Artigos // As rúas de Carballo respiran arte

Compartir:

As rúas de Carballo respiran arte

A vila acolle do 16 ao 18 de novembro Somos rúa, facemos arte, un programa de actividades de achegamento á creación artística para todos os públicos

Unha imaxe de Somos rúa, facemos arte 2017

Unha imaxe de Somos rúa, facemos arte 2017

As rúas de Carballo volverán a respirar arte o venres 16, o sábado 17 e o domingo 18 de novembro grazas a "Somos rúa, facemos arte". Trátase da segunda edición dun proxecto de creación artística en directo que mestura manifestacións de artes plásticas, música e danza en espazos públicos do Concello de Carballo, colaborando co tecido asociativo e coa comunidade educativa. O obxectivo é favorecer a interacción e participación coa cidadanía, achegando a arte contemporánea a cada recuncho de Carballo e apoiando ao mesmo tempo a produción cultural propia.

As citas permiten que veciños e veciñas de todas as idades colaboren na creación de pezas de arte efémero

A iniciativa suma ao teatro a arte contemporánea, en colaboración coa música e coa danza, dun xeito lúdico e pedagóxico, achegando á rúa a creación galega actual. ¿Por que non transformar unha praza nunha sorte de "museo vivo"? "Somos rúa, facemos arte" ofrece á cidadanía de Carballo unhas xornadas únicas, propiciando a participación de todo aquel que estea interesado.

Proposta de peza para unha das actividades

Proposta de peza para unha das actividades

As actividades comezan o venres ás 10.00 horas cunha mañá dedicada integramente a escolares dos centros educativos (coa colaboración do CEIP Xesús San Luís Romero, o CEIP A Cristina e o IES Alfredo Brañas), pero con citas de acceso libre para nenos e adultos dende pola tarde e ata que remate o programa. As propostas rematan o domingo ás 13.00 horas cunha actuación de danza contemporánea.

Programa de actividades

  • Venres 16 (de 10.00 a 14.00h. e de 16.30 a 18.30h.) e sábado 17 (de 11.00 a 14.00h.). Praza do Concello: Arte contemporánea con Basilisa Fiestras: “Ritmos Do Corpo” (Escultura – Instalación).
  • Venres 16 (de 10.00 a 14.00h. e de 16.30 a 18.30h.) e sábado 17 (de 11.00 a 14.00h.). Praza do Concello: Arte contemporánea con Christian Villamide: “Dialéctica do Territorio” (Escultura – Instalación).
  • Sábado 17. Saída ás 19.30h. dende a rúa Fomento (ponte do río Anllóns á altura do mural “A Pena da Moura”), rematando na Praza do Concello: Percusión con Trópico de Grelos: “O Bloco Afro” (Percusión en movemento con coreografía).
  • Domingo 18. Praza do Concello: 13.00h.: Danza con Cía. Exire (Alba Fernández + Estefanía Gómez): “NEXOS”.

Non o dubides e axúdanos a mudar a concepción que tes do mundo grazas á arte! Participa!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica