Branca e radiante vai a noiva... Vai ser que visitou Expo Voda!
O sábado 10 e domingo 11 de novembro o segundo andar do Mercado acolle a sexta edición do salón nupcial do Centro Comercial Aberto Carballo
Vodas, comuñóns, festas, agasallos, fotografía, beleza, banquetes, animación, madriñas e padriños, viaxes, xoiería, seguros, discotecas móbiles..., e, por suposto, traxes de noivo e noiva. Todo o que precisas para organizar calquera evento con todo o glamur no sexto salón nupcial e de celebracións Expo Voda. O sábado 10 e o domingo 11 de novembro un total de 35 empresas especializadas do sector ocuparán o segundo andar do Mercado Municipal para informar a quen se acheguen con toda a súa ilusión a preparalo todo para ese día tan especial. O horario de atención será de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.00 horas e a entrada é de balde.
Ademais, o o público poderá participar no sorteo de dúas fins de semana en parella e beneficiarse dos descontos que ofrecerán todas as empresas durante a feira, un motivo máis para visitar o Mercado. A experiencia conta tamén este ano con citas moi orixinais e divertidas, con moitas actividades entre as que destacan exhibicións de danza polinesia (sábado ás 17.30 e domingo ás 17.30 e 19.00 horas), recreacións dunha voda civil (sábado e domingo ás 18.00 horas) e degustacións (sábado e domingo ás 18.30 horas). Cada día antes do peche será o o sorteo da viaxe de fin de semana.
ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES
Este ano haberá actividades como exhibicións de danza polinesia ou a recreación dunha voda civil
Os establecementos participantes son: CCA Carballo, Marián Riestra, Moll Estrada, Bodorrio, The Louro Studio, Silvia Picouto (Thermomix), Suunia Viajes, Mundiviajes, Alfombra Roja Zapatos, Lorena Sixto Peluquería, Alonso Moda, Alquileres Reneymar, Sastrería Miguel, Restaurante Aldeola, Galimusic, D Musik, Taracido Moda Infantil, Anim-Art, Kyrie, Cuatrofotos (fotomatón), Retrátate (fotomatón), Dime sí quiero, O Recreo Animación, Divirtt Animación, Joyería Regueira, Floraría Cáncaro, Eventos Galicia (DJ), Ermitas Rielo Beleza, Costa Caión, Mmmm Xeados!, Bombonería Praliné, Cabliseña, JGCAR, Adeslas e Esther Rey Asesoramento Nupcial.
Agradecementos
A organización quere agradecer a colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello de Carballo, e a todas as persoas que desinteresadamente aportan a súa axuda, ademais de destacar as achegas de Floraría Cáncaro, que decorará e ambientará a voda civil; Mmmm Xeados! pola degustación; Galimusic pola ambientación musical e a megafonía; JGCAR; aos casamenteiros Dani e Fran Rodríguez; a Peluquería Beni; e aos e as modelos.