Chute de teatro na recta final do FIOT!
O derradeiro fin de semana do XXVII FIOT contará coa presenza da coñecida actriz Aura Garrido: o sábado 27 con El Tratamiento
![Un momento da proposta Un enemigo del pueblo Un momento da proposta Un enemigo del pueblo](media/../media/img/enemigo_web.jpg)
Un momento da proposta Un enemigo del pueblo
Despois de tres semanas intensas de teatro, Carballo afronta os derradeiros días do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). OTNI, m2 e funcións no Pazo da Cultura para comezar a despedir o mes do teatro con intensidade. As citas comezan o O venres día 26, ás nove da noite, e dentro do ciclo OTNI, a compañía catalá Íntims Produccions representará “Wasted”, da dramaturga, poetisa e rapera británica Kate Tempest. Con "Wasted" o público vivirá unha experiencia intensa e fascinante que conta o reencontro de tres amigos que, decepcionados polos soños incumplidos, buscan recuperar a mocidade perdida e os lazos que lles unían. A obra propicia a complicidade do público integrándoo no espectáculo. Dirixe a obra o innovador Iván Morales.
A compañía Kamikaze, que ten visitado o festival en varias edicións, presenta este ano Un enemigo del pueblo
O sábado 27 o día estará centrado nas actuacións de do certame m2, Metro Cadrado, de acceso libre para o público e con varios pases: á unha do mediodía, unha e media, sete e sete e media da tarde. “A historia dás flores”, que será estreada en Carballo pola compañía Tukumpás Teatro, é unha comedia xestual que utiliza a música e a manipulación dos obxectos para narrar unha historia que paga a pena compartir. As representacións serán na Floraría Taibo. En paralelo, a compañía Moito Morro Teatro porá en escena o espectáculo “A bonequiña”, nos soportais da rúa Jacinto Amigo Lera, onde se desenvolverá unha aloucada comedia que mostra un día na vida dun ventrílocuo arruinado.
¡Todos sometidos a El tratamiento!
![Aura Garrido Aura Garrido](media/../media/img/aura.jpg)
Aura Garrido
O sábado 27 de outubro ás oito e media da noite, no Pazo da Cultura de Carballo, o público do FIOT gozará do estreo en Galicia de “El tratamiento” de Pablo Remón, autor do texto e director desta proposta. "El tratamiento” dura unha hora e media e é tan necesario como eficaz, tan intelixente como belo, tan poético como realista e tan divertido como trascendente. É unha sesión intensa de teatro integral que conta a historia dun guionista que persegue o soño de escribir e producir a súa propia película, parodiando unha realidade atroz a través da industria do espectáculo.
“El tratamiento” é unha sorprendente proposta feita de retales de vida duns personaxes que falan ao público da importancia de aproveitar o momento, á vez que reflexionan sobre o sentido que ten seguir contando historias. Entre o elenco, hai que subliñar a presenza da coñecida actriz de cine e televisión Aura Garrido, recordada por series como El Ministerio del Tiempo.
Un enemigo del pueblo
“Un enemigo del pueblo”, a obra máis crítica do FIOT, chega ao Pazo da Cultura o domingo 28 de outubro ás oito da tarde. Trátase dunha versión libre de Álex Rigola do clásico de Henrik Ibsen posta en escena pola compañía El Pavón Teatro. Rigola, que é un dos directores máis importantes e innovadores da escena española, converterá o patio de butacas do FIOT nun ágora onde o público xulgará aos personaxes e os feitos que van interpretando os actores, emitindo o seu dictame mediante votaciones que obrigan a examinar a democracia, a liberdade de expresión ou a ética fronte ao poder. Será unha experiencia única da que o público do FIOT non sairá indiferente.
Escollede a vosa cita, comprade a entrada e a aproveitas os últimos días de teatro en Carballo!