Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // De onde vimos // A época castrexa

Compartir:

A época castrexa

Castro de Cotomil, en Sofán

Castro de Cotomil, en Sofán, no lugar da Praza

As terras de Carballo estiveron densamente poboadas xa na época castrexa, que abrangue ao redor de 1.000 anos, dende o VII antes de Cristo até o III despois de Cristo, xa trala chegada dos romanos. Diso déixannos constancia os castros, antigas aldeas da época celta fortificadas como medida de protección.

En territorio carballés hai catalogados máis de vinte castros e sábese da existencia de varios máis. Case non hai parroquia carballesa sen un verde castro! Temos, de feito, máis castros que parroquias no termo municipal.

Existe ao redor dos castros abundante mitoloxía: dende lendas de mouros até galiñas de pitos de ouro que desaparecen se os queres coller

Algúns deles, curiosamente, aínda seguen a estar poboados polos carballeses e carballeses actuais que asentaron nestes lugares as súas vivendas. Tal é o caso de Santa Irene do Castrillón, en Lema, que ademais é un fermoso miradoiro natural, ou do lugar da Torre, en Sísamo, onde está situado o Pazo do Souto.

Os castros carballeses están sen escavar, mais nalgúns deles foron atopados utensilios dos nosos antepasados, como restos de cerámica, tégulas romanas, muíños ou mesmo unha espada de antenas que posiblemente fora encontrada no castro da Baixa de Sofán.

Nalgunha destas vellas aldeas aínda se pode apreciar ben o seu sistema defensivo. Os castros mellor conservados son os de Cances, O Rodo, Oza, Vilela, Constenla, Ribeira, Coto do Castro, Ouxas, Guntián e Aldemunde.

Existe ao redor dos castros abundante mitoloxía: dende lendas de mouros até galiñas de pitos de ouro que desaparecen se os queres coller, ou trabes de ouro ou de alcatrán, como acontece cos castros de Aldemunde, do Rodo, en Oza, ou da Torrevella, en Noicela.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica