Se eres hostaleiro ou profesional do turismo e queres mellorar, tes cursos gratuítos!
Abordaranse temas como a competitividade, a gastronomía, o marketing e novas tecnoloxías, o turismo activo ou o inglés adaptado ao turismo
As actividades formativas están organizadas pola Asociación de Turismo da Costa da Morte e a Deputación da Coruña
Se eres hostaleiro ou profesional do sector turístico non desaproveites a oportunidade de participar no Programa de Mellora da Competitividade do sector turístico da Costa da Morte 2018 ao que podes asistir de forma gratuíta grazas á colaboración da CMAT e a Deputación da Coruña. Podes optar por catro temáticas repartidas en catro grandes módulos formativos:- A mellora do posicionamento de Costa da Morte como destino gastronómico, mellorando a competitividade do sector e a posta en valor dos produtos locais.
- A mellora da interpretación e a comunicación do patrimonio natural e cultural de Costa da Morte.
- A mellora da promoción e comercialización das actividades de turismo activo, de aventura e deportivo, e a optimización dos eventos deportivos como focos de atracción de viaxeiros.
- A mellora das habilidades comunicativas en inglés para profesionais do sector, tanto empresas como traballadores dos concellos que están á fronte da atención ao viaxeiro de Costa da Morte.
En Carballo, cursos no Fórum
A CMAT é a Asociación de Turismo da Costa da Morte
Todos os cursos celebraranse en dúas edicións, e celebraranse en lugares repartidos polo territorio de Costa da Morte, co obxecto de facilitar o máximo posible a asistencia dos alumnos. A inscrición aos mesmos realizarase directamente coas empresas responsables de cada un do catro módulos, profesionais con gran traxectoria en cada un dos campos formativo
En Carballo, as citas formativas terán lugar no Fórum Carballo. Para inscrivirvos e obter todos os datos necesarios, só tendes que consultar o documento en PDF adxunto nesta mesma nova, onde podedes atopar toda a info.
Non perdas o tren da formación!