41 espectáculos teatrais para 34 días de FIOT!
O Outono de Teatro ofrece tres estreas absolutas e 12 estreas en Galicia con compañías galegas, españolas, de Arxentina, Guinea Ecuatorial ou Suiza
Foto de familia na presentación do FIOT 2018
Os bonos e as entradas soltas estarán á venda a partir do martes 25 de setembro en Internet en www.ticketea.com
Así, nesta edición os organizadores teñen posta a mirada en atraer aos xóvenes que naceron co cambio de século e que agora están a acadar a maioría de idade. Con esa finalidade programáronse espectáculos sobre a mocidade actual, os chamados "millennials" ou xeneración Z tanto na programación regrada coma no FIOTeen, que visitará os institutos de Carballo. Ademais, o FIOT tamén acollerá o teatro que están a facer as novas xeracións de actores, dramaturgos e directores. Así, a organización confía "en que as novas xeneracións se vexan representadas e que o FIOT non lles resulte alleo. Que sexan os nosos 'followers'".
Nomes propios
A Aula Municipal de Teatro animou a presentación do festival
Este ano dous dos grandes nomes máis coñecidos do FIOT serán o de Lolita Flores e Tina Sáinz, as dúas na Fedra de Paco Bezerra; pero tamén volven vellos coñecidos do público do festival, como son Ron Lalá ou Inma Cuevas, que xa nos visitara con Constelaciones. E outros nomes moi de actualidade grazas á súa participación na serie Fariña son os de Touriñán e Carlos Blanco, que ofrecerán un Extra no Pazo da Cultura con Tito Asorey, un dos directores máis destacados de Galicia. Poñerán en escena a obra Somos criminais, case coma un aperitivo do FIOT xa o 30 de setembro.
O festival contará con nomes como Lolita, Touriñán, Carlos Blanco, Cándido Pazó, David Amor, Inma Cuevas...
Na Rúa dos Contos tamén teremos a nomes como David Amor xunto con outros contacontos de sempre como Avelino González ou Cándido Pazó. Estarán moitos dos imprescindibles da escena actual galega e do resto de España, ofertas que achegan novas perspectivas, que arriscan e que son orixinais nas suas creacions. Carballo será o escenario de obras de dramaturgos como o xa mencionado Paco Bezerra ou Luís Luque, Celso Giménez, Borja Fernández, Marta Buchaca, Alfredo Sanzol… Todos unidos baixo o paraugas do FIOT.
ENTRADAS: A PARTIR DO 25 DE SETEMBRO
- VENDA ANTICIPADA: en <www.ticketea.com> no teléfono 902 044 226, en <www.fiot.gal> ou <www.facebook.com/festivalinternacionaloutonodeteatro>. A Billeteira do Pazo da Cultura está aberta os martes e xoves de 19.00 a 20.30h. a partir do 25 de setembro.
- BONOS (Programa de sala): SOCIOS AC TELÓN E APARTE: Do 17 ao 24 de setembro. PÚBLICO EN XERAL: A partir do 25 de setembro.
- ENTRADAS SOLTAS (Extra, Programa Sala, OTNI e Mercado): Desde o 25 de setembro ata o día antes de cada función (socios: a partir do 17 de setembro).
- FUNCIÓNS EN LOCAIS DE HOSTALARÍA CON ENTRADA: Nos propios locais a partir do 21 de setembro.
- VENDA O DÍA DA FUNCIÓN: Na billeteira habilitada no espazo da función desde 90 minutos antes do inicio.