Mercadillo de oportunidades do CCA!
No segundo andar do Mercado o sábado 22 e domingo 23 de setembro con descontos en productos seleccionados que poden chegar ao 80 por cento
Quedaches con gañas de comprar ese vestido tan chulo? Apetéceche renovar un recuncho da túa casa? Ou faiche falta algo para o teu meniño ou meniña? Pois estás de sorte porque podes conseguilo todo a uns prezos inmellorables no Mercadillo do Centro Comercial Aberto Carballo previsto para o sábado 22 e domingo 23 de setembro. O horario para os dous días é de 10.00 a 14.30 horas e de 16.30 a 21.00 horas e o lugar, o segundo andar do Mercado Municipal. A actividade pretende dar saída aos produtos excedentes de campaña cun total de 22 establecementos comerciais participando no evento e con 20 dos postos ocupados por comerciantes carballeses.
No mercadillo atoparemos produtos dos sectores máis variados: moda muller, home, infantil, puericultura, deporte, calzado, regalo, decoración, complementos, moda íntima e un longo etcétera. Os descontos poder ser de ata o 50, o 70 e mesmo o 80 por cento. Formará tamén parte do mercadillo o propio CCA e tamén haberá un Mercadillo Infantil. Así, a organización pon un espazo a disposición do público infantil para que eles expoñan os seus propios artigos: pulseiras, chaveiros, produtos artesán, … ou aquelo que consideren do seu interese. O mercadillo infantil celebrarase só en xornada de tarde. Para inscricións ou obter máis información, os interesados e interesadas poden acudir á sede social do CCA Carballo, na rúa Fomento 21-23, 1º de Carballo, contactar co teléfono 981 701 613 ou no enderezo <info@ccacarballo.com>.
Listaxe de postos
- - 15
- A Fragua de Mo
- Adamela
- Akira
- Alesi
- Alonso Moda
- Atelier
- Bámbola
- Calzados Susa
- D&A Complementos
- Deportes San Remo
- El Rincón de María
- Miriñaque
- Moda Suárez
- O Armario de Pati
- O Barco dos Soños
- Poppy
- Retoños
- Zapatería Esther
- Zocas
- Mercadillo Infantil
- Posto do CCA