Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Coches, pacas de palla, andamios...: todo tipo de...

Compartir:

Coches, pacas de palla, andamios...: todo tipo de obstáculos no II Desafío Milagrosa!

O barrio acolle por segundo ano consecutivo esta carreira que contará con 110 corredores e que poderedes ver o sábado 1 de setembro

II Desafío Milagrosa

Pasar a través dun coche desmontado, mover pacas de palla, cruzar andamios, zonas de reptado e equilibrio, ramplas engraxadas... Son só algúns dos atrancos que deberán superar os e as participantes no II Desafío Milagrosa, unha carreira de obstáculos na que os e as corredores deberán completar un percorrido de 1.000 metros cun total de 18 retos e no que poñerán a proba as súas capacidades. A cita, o sábado 1 de setembro, desenvolverase no mesmo barrio da Milagrosa arredor da capela e na contorna do Fórum Carballo, e a inscrición xa está pechada, porque mesmo antes de rematar o prazo xa se cubriron as 110 prazas dispoñibles.

En todo caso, aínda que non participedes, merece a pena achegarse a ver o espectáculo, que estará animado por un grupo de zumba. Así, escoitaredes música e disfrutaredes da animación mentres os corredores sortean os orixinais obstáculos. A primeira saída será ás 9.30 horas. Como novidade nesta edición -ademais da competición por equipos, que non se disputou en 2017-, a proba estará regulada por xuíces árbitros da Federación Galega de Atletismo.

Trofeos

Este ano a cita estará animada por un grupo de zumba e a primeira saída terá lugar ás 9.30 horas

A carreira disputarase por un sistema de quendas cada 10 minutos, e cada unha delas, constará de 10 corredores/as. A orde de saída será por orde de inscrición. Todos e todas os corredores que rematen a proba recibirán unha medalla e tamén haberá trofeos para os tres primeiros homes e para as tres primeiras mulleres clasificadas, así como medallas para todos e todas os integrantes dos tres primeiros equipos clasificados. Instalaranse duchas e baños nas dependencias do Forum Carballo e avituallamento líquido na zona de meta.

A carreira está organizada pola Asociación de Comerciantes, Empresarios, Hostaleiros e Profesionais do barrio da Milagrosa, en colaboración co Concello de Carballo, Carballo Deporte, Policía Local e Protección Civil e a inscrición foi completamente gratuíta e dirixida a maiores de 16 anos.

A correr!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica