Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre: de novo en...

Compartir:

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre: de novo en Carballo

O venres 24 de xullo estarán na Praza do Concello para presentar o seu último traballo discográfico, Noró: de balde a partir das 22.00 horas

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre nunha das súas actuacións

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre nunha das súas actuacións

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre visitan Carballo para facernos desfrutar unha vez máis. Xa estiveran para presentar o seu grande primeiro éxito, The tambourine man, e agora volven para facer soar as notas do seu novo traballo xuntos, Noró (Algunhas músicas do norte). Nutha, Nord, Norte... Noró. O norte é case un estado emocional para Xabier Díaz. Unha música sólida, ancestral e serena que para Xabier, compositor e compilador de melodías e ritmos tradicionais, é case un estado de ánimo. Xunto á voz e a percusión das once mulleres do grupo Adufeiras de Salitre, entre todos farán un retrato sonoro das paisaxes septentrionais: Mondariz, A Fonsagrada, Vimianzo, Manzaneda, A Mezquita ou Zas en Galicia, pero tamén de León e Zamora.

O seu anterior traballo xuntos é un dos discos máis vendidos da música galega nos últimos anos, ademais de ter recibido numeroso premios

Noró é un disco que mestura tradición e vangarda co que queren render homenaxe ao norte, a súa xente, o seu clima e as súas músicas. Chega tras o éxito de The Tambourine Man, un dos discos máis vendidos da música galega nos últimos anos, multipremiado (Premios da Música Independente, Premios Martín Códax, Aritmar, Lista da EWMC), e que conta cunha xira de concertos por toda Europa. Noró é unha revisión actual dun traballo de investigación e recuperación de músicas moi diversas. Segundo Xabier Díaz, "este disco é como un retrato do meu timeline recente, como unha necesidade de terminar a talla e de mellorar o método, como unha insistencia do Tambourine Man, coma se quixese tatuar con tinta indeleble o mapa das últimas viaxes para saír definitivamente da miña confusión antes de desorientarme de novo. Este disco tamén serve para celebrar o equilibrio desta pequena e ordenada república adufeira na que tantas cousas aprendo sen necesidade de que ninguén as explicite".


Traxectoria

Noro

A traxectoria de Díaz na música galega é moi longa e exitosa. Compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza coa que levou a escena os espectáculos AlentoEngado e Tradicción entre os anos 2005 e 2009. Formou parte do grupo Berrogüetto, desde inicios de 2008 até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda. Durante ese tempo obtiveron o Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Martín Codax da Música (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.

Participou xunto a Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero no proxecto aCadaCanto co que editaron aCadaCanto (2012) e A Rosa d'Adina (2014). Colaborou en discos e concertos de diferentes artistas, como Kepa JunkeraXosé Manuel BudiñoAmancio PradaLuar na LubreUxía ou Os Cempés. Así mesmo, a súa presenza nos escenarios non só se circunscribe ao ámbito galego senón a lugares como México, Zimbawe, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina ou Bélxica.

Para poder coñecelo e desfrutalo, só tendes que achegarvos o venres 24 de agosto á Praza do Concello e deixarvos levar. De balde a partir das 22.00 horas. A actuación conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Está incluída no programa Verán Cultural do Concello de Carballo.

O baile de Noró


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica