Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Xogos, música, comida e moita animación na Festa...

Compartir:

Xogos, música, comida e moita animación na Festa do Bosque!

A tradicional romaxe do domingo 1 de xullo serve para entoar o particular pobre de min carballés para despedir o San Xoán ata o ano que vén

Xogos tradicionais na Festa do Bosque 2017

Xogos tradicionais na Festa do Bosque 2017

A Festa do Bosque é, cada ano, unha das citas máis emblemáticas das festas de San Xoán. A finais de xuño ou a primeiros de xullo veciños, veciñas e visitantes entoan o particular "pobre de min" carballés, despedindo a esmorga até o ano que vén. Trátase dun punto e final a un mes de celebracións cunha romaxe na que as familias e os grupos de amigos se unen para comer, cantar, escoitar música e convivir no Bosque do Añón, gozando dun programa con citas para todas as idades nunha contorna natural ben fermosa.

Este ano, como todos os anteriores, o programa está cheo de música, de comida, de xogos, de barcos de papel e de festa rachada para cativos e cativas e maiores. Podedes estar no Añón todo o día ou escoller a cita que máis vos apeteza para achegarvos ata a ribeira. Aquí tendes o horario completo de actividades:

  • 13.00 h. Sesión vermú a cargo do grupo Trastes.
  • 16.30 h. Concurso de sobremesas e licores caseiros (Patrocina: Confitaría San Luis).
  • 17.30 h. Xogos populares.
  • 18.30 h. 110ª edición do Campionato mundial de baixada de augas doces de barcos de papel. Inscricións a partir das 17.30 horas. Patrocina Tien21-Electrodomésticos Lorama, Mmmm Xeados e Punto e Coma Libraría.
  • 19.00 h. Animación musical a cargo de Dj David.
  • 21.00 h. Concerto con Esteban e Manuel.

          Agardámosvos no Bosque! Agardámosvos en Carballo!


          Descargas

          Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica