O entroido en Carballo
Despois do Nadal, o Don Carnal
Desfiles, premios, actividades e moita, moita, diversión
![Imaxe de desfile de disfraces Imaxe de desfile de disfraces](media/../media/img/1780814_134580706712321_1966508974_n.jpg)
Imaxe de desfile de disfraces
Como sempre, o Entroido en Carballo é moito máis que unha festa. A programación chegará cargada de todo tipo actividades, entre as que destacarán o desfile de disfraces cos numerosos premios en todas as categorías, e a despedida de Don Carnal con Enterro da Sardiña.
Xa está aí, moi pronto iremos informando da programación, das bases de participación nos concursos de disfraces, comparsas e carrozas, e das diferentes actividades que encherán de color e humor as nosas rúas.
#carballomola
![Imaxe de desfile de disfraces Imaxe de desfile de disfraces](media/../media/img/1655832_134580800045645_1429283998_n.jpg)
Imaxe de desfile de disfraces