Carballo a un paso

Inicio // Que ver // Patrimonio // Patrimonio civil // Pazo de Gontade

Compartir:

Pazo de Gontade

Pazo de Gontade

Pazo de Gontade

1596
Gontade. Ardaña
Coordenadas UTM X = 525301 Y = 4780730

O pazo de Gontade é o máis antigo dos pazos de Carballo e está emprazado no lugar do mesmo nome, na parroquia de Ardaña, nunha finca pechada de 90 ferrados.

O pazo ten orixe no vínculo (suxeición dos bens con prohibición de allealos) fundado en 1596 polo matrimonio formado por Rodrigo de Breixo e Catalina Rodríguez de Leis. Dos Breixo, a familia á que pertencía o pazo, eran tamén boa parte dos terreos do fértil val de Ardaña.

Fíxate no escudo da súa fachada e mais no reloxo de sol do seu muro. No escudo verás representadas a varias familias da zona: os Aldao (coas flores de lirio), Leis (piñeiro e lanzas), Pardiñas (castelo con torre de homenaxe) e Castro (seis roeis, pezas circulares propias dos escudos de armas). A cruz coa flor de lis, na base do escudo, alude aos Santos Oficios.

O pazo, que foi pasando de xeración en xeración, é hoxe en día unha casa de labranza e aínda está habitada.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica