Carballo a un paso

Inicio // Que facer // Rutas // Ruta Sendas do mar

Compartir:

Ruta Sendas do mar

Ruta autoguiada por códigos QR que te levarán desde o porto de Razo ata a zona da Pedra do Sal, nun percorrido polo espazo natural Razo-Baldaio

[Mapa online: https://goo.gl/pzxMSM]

O complexo dunar de Razo-Baldaio é un dos máis fermosos e importantes de Galicia. Forma, xunto coa praia, a lagoa -na que traballa media ducia de mariscadoras- e a marisma un sistema natural de grande valor ecolóxico, incluído na Rede Natura e que tamén é  Zona de Especial Protección para as Aves.

Mariscadoras Baldaio

Mariscadoras na ría de Baldaio

O litoral de Carballo ten escrito nas súas rochas a evolución da terra desde os tempos  glaciares. A resistencia das súas pedras fronte ao mar, plasmada nunha praia fósil e nos sedimentos dunares, é unha aliada imprescindible para amosar coma era esta terra hai miles de anos.

Sendeiristas na praia de Razo

Sendeiristas na praia de Razo

A práctica do sendeirismo leva a descubir roteiros e camiños como os que internan cara as pequenas parroquias e aldeas da súa contorna. E a 10 quilómetros atópase o corazón da comarca. Carballo ofrece un amplo abano de posibilidades: o Museo de Bergantiños, o mercado de abastos, o seu ambiente de tapeo, o seu delicioso pan artesán... Unha elección difícil pero que sempre resultará acertada.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica