Carballo a un paso

Inicio // Que ver // Patrimonio // Patrimonio civil // Pazo das Pallas

Compartir:

Pazo das Pallas

Pazo das Pallas

Pazo das Pallas

Barroco
As Pallas. Artes
Coordenadas UTM: X = 527824 Y = 4782054

O pazo das Pallas atópase no lugar do mesmo nome, en Artes, parroquia onde tamén podes visitar o pazo de Vilar de Francos. Este das Pallas é do século XVII e o seu estilo é fundamentalmente barroco. A casa foi fundada no ano 1600 pola familia Pardiñas Villardefrancos e Becerra. Dende el temos excelentes vistas do val que o rodea.

O pazo ten dous andares e planta rectangular, cun engadido perpendicular. Os seus muros, pintados de branco, son de mampostaría agás a cantaría de portas, fiestras, cornixa e esquinais. Tamén a cheminea é de cantaría, e está rematada en pináculos con bolas.

No escudo, situado na fachada enriba da fiestra central, están as insignias das familias Bermúdez (un xadrez), Castro (seis círculos), Vilardefrancos (brazo armado con estandarte), Pardiñas (castelo con torre de homenaxe e rodeado de silvas) e unha última, representada por dúas espadas, e difícil de descifrar.
A finca está amurallada, conta con dependencias auxiliares como hórreo e capela e ten xardín e horta, cunha fonte.

Entre os membros máis destacados da familia que habitou este pazo está Pedro Villar Bermúdez de Castro, famoso xurista galego, nacido en 1764, que chegou a ser deputado en Cortes.


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader