Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O CIP estrea Peter Brandon, a gañadora do...

Compartir:

O CIP estrea Peter Brandon, a gañadora do proxecto de webserie en galego na pasada edición

As mulleres creadoras tomaron a matinal do festival e Chévere desvelou o seu Código Fonte Audiovisual

Mulleres Youtubeiras CIP 2017

Algunhas das participantes nas mesas de youtubers do CIP2017

As mulleres creadoras de contidos para Internet tomaron a mañá da segunda xornada do IV festival de contidos dixitais Carballo Interplay. No Pazo compareceron varias das youtubers que están poñendo patas para arriba a Internet no Estado español, como Isa Calderón, polémica autora do vídeo " Con la Biblia no fomentaremos la igualdad entre hombres y mujeres", que lle valeu hai uns días o despido fulminante de El Español; a anti-youtuber basca Soy una pringada, quen con máis de 80.000 suscritores e suscritoras xa deu o salto á cultura mainstream, sacando da súa zona de confort a presentadores tan populares e amantes da polémica como Mercedes Milá ou Risto Mejide; ou a guionista e comediante coruñesa Carolina Iglesias, aka Percebes y grelos, colaboradora habitual de Los 40 principales e VodafoneYu.

Rubén Ontiveros, pioneiro das webseries españolas, deu nunha master class sobre o humor na rede

Internet pode ser, tamén, unha ponte pola que saltar a traballar na televisión. E diso falou Rubén Ontiveros, pioneiro das webseries españolas, nunha master class sobre o Humor na rede, na que fixo un percorrido polos diferentes formatos da comedia e analizou as posibilidades que dá Youtube de experimentar co humor. Ontiveros é o creador de Qué Vida Más Triste, a primeira webserie do Estado e traballou como guionista de programas como Vaya Semanita, Homo Zapping ou La Hora de José Mota.

Código Fonte Audiovisual Chévere

Codigo Chevere CIP 2017

Os Chévere explican o seu Código Audiovisual no Pazo da Cultura

Os Chévere celebraron o seu 30º aniversario repasando a súa historia a través do seu Código Fonte Audiovisual, achegando ao público do Interplay os vídeos que inspiraron as súas obras teatrais. A noite rematou coa estrea mundial de Peter Brandon, dos Porco Bravú, un falso documental que amosa a vida do popular cómico Pedro Brandariz fóra dos escenarios e, no camiño, satiriza o sector audiovisual galego coa complicidade de caras coñecidas como Xosé Antonio Touriñán, Evaristo Calvo, María Tasende, David Amor ou Isabel Risco, entre moitos outros.

Concurso

Caniville

Caniville foi unha das series que se proxectaron no segundo día do festival

A tarde, como é habitual, comezou coa proxección dunha selección das webseries que participan na sección oficial. Puidéronse ver as españolas El show de Teresa Cuesta, Caniville, Carlinos. La webserie, Cómo dejar los porros, Judge Dredge e Beto e as internacionais Amy Street, Si me volviera a enamorar, 5 baksi.net, Dang it to heck!, Dyscolcalipse e Psicóticas Inseguras.
Todas as actividades do Carballo Interplay son de acceso libre e gratuíto ata completar aforo.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica