Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A cuarta edición do CIP celebrarase  os días 4, 5...

Compartir:

A cuarta edición do CIP celebrarase  os días 4, 5 e 6 de maio e repartirá máis de 5.000 euros en premios

O Festival de Contidos Dixitais recibe 120 webseries na primeira semana

Interplay 2017

Logo do Interplay 2017

A cuarta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de maio e repartirá máis de 5.000 euros en premios, recibiu nunha semana 120 propostas para o seu concurso de webseries, superando a expectación de anos anteriores. As persoas que queiran participar aínda poden facelo, inscribíndose ata o 31 de marzo a través da web www.carballointerplay.com.

As webseries participantes, producidas entre 2015 e 2017, deben ter un mínimo de 3 capítulos emitidos

As webseries participantes, que deben ser producidas entre os anos 2015 e 2017 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais. Entre as webseries recibidas, un xurado composto por profesionais do mundo das webseries, do audiovisual e da cultura, así como de representantes de asociacións profesionais relacionadas co sector premiará a mellor webebserie de imaxe real, a mellor webserie de animación, a mellor webserie internacional e a mellor webserie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría. A escolla do público, pola súa banda, levará 400 euros e trofeo. Tamén haberá un premio AGAG ao mellor guión e un premio CREA á mellor dirección, dotados con 200 euros e trofeo. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.

1.500 euros para o mellor proxecto de webserie en galego

Ademáis, despois do éxito acadado o pasado ano, o Carballo Interplay ofrecerá de novo un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto de webserie en galego. O galardón resolverase cun pitching en directo durante o festival e a dotación económica deberá destinarse á produción dos primeiros capítulos da webserie premiada, que se proxectarán na próxima edición do Interplay.
O CIP, que acadou nas dúas pasadas edicións unha grande repercusión a nivel nacional e internacional, situou Carballo como unha referencia para o público e para os profesionais do sector da creatividade dixital, ao converterse no primeiro concello de España que contou cun festival de webseries e de novos formatos narrativos.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica